Diferenzas entre revisións de «Melito de Canterbury»

m
Bot: Substitución da categoría "Santos (Catolicismo)" pola categoría "Santos do catolicismo"; cambios estética
m (Bot: Substitución da categoría "Santos (Catolicismo)" pola categoría "Santos do catolicismo"; cambios estética)
 
== Primeiros anos ==
O cronista [[Beda]] describe a Melito como alguén de nobres orixes<ref name="Bede111">Beda ''Ecclesiastical History'' p. 111, o en otras ediciones de Beda, al final del capítulo 6, Libro 2.</ref>. Nas súas cartas, o papa Gregorio Magno referíase a el como abade, pero non está claro se no pasado Melito fora [[abade]] dun mosteiro romano, ou se se trataba dun rango que lle foi outorgado para facilitar a súa viaxe a Inglaterra ao convertelo en líder da expedición. O rexistro papal, unha listaxe das cartas enviadas polos [[Papa|papaspapa]]s, descríbeo como un "abade en [[Francos|Francia]]" no resumo da correspondencia, pero a propia carta só di "abade"<ref name="Church164">Church "Paganism in Conversion-age Anglo-Saxon England" ''History'' p. 164</ref>. A primeira vez que se menciona a Melito historicamente falando é nas cartas de Gregorio, polo que non se coñece nada máis sobre o seu pasado<ref name="DNB">Brooks "Mellitus (d. 624)" ''Oxford Dictionary of National Biography''</ref>. Parece probábel que fose nativo de Italia, como todos os demais bispos consagrados por [[Agostiño de Canterbury|Agostiño]]<ref name="Convert96">Higham ''Convert Kings'' p. 96</ref>.
 
== Viaxe a Inglaterra ==
A data exacta da chegada de Melito e o seu grupo a Inglaterra descoñécese, pero sen dúbida xa se atopaba no país en 604, cando Agostiño o consagrou como bispo, na provincia dos saxóns orientais, converténdoo no primeiro [[bispo]] de Londres (Londres era a capital dos saxóns orientais).<ref name="Hanbook219">Fryde, et al. ''Handbook of British Chronology'' p. 219</ref><ref name="Brooks11">Brooks ''Early History of the Church of Canterbury'' pp. 11–13a</ref> A cidade era unha elección lóxica para un novo bispado, xa que era o centro da rede de camiños do sur. Era tamén unha antiga cidade romana, e moitos dos esforzos da misión gregoriana centrábanse en lugares como leste. Antes da súa consagración, Melito bautizou a Saeberht, sobriño de Aethelberht, quen posteriormente autorizou o establecemento do bispado. A igrexa episcopal construída en Londres probabelmente foi fundada por Aethelberht, en lugar de Saeberht<ref>{{Cita libro|título=The Oxford dictionary of the Christian Church|editorial=[[Oxford University Press]]|lingua=inglés|capítulo=9780192802903}}</ref>. Aínda que Beda rexistrou que Aethelberht outorgou terras para apoiar ao novo episcopado, unha carta que tentaba facerse pasar por unha concesión de terras de Aethelberht a Melito é unha falsificación posterior.
[[Ficheiro:AugustineGospelsFolio125rPassionScenes.jpg|miniatura|343x343px|Escenas da Paixón dos evanxeos de San Agostiño (c. século VI), posibelmente traídos por Melito a Inglaterra.]]
Aínda que Gregorio dispuxera que Londres se convertese no arcebispado meridional da illa, Agostiño xamais trasladou a [[Sé episcopal|sede episcopal]] a Londres, e no seu lugar consagrou a Melito como un bispo corrente alí.<ref>Aínda que o historiador S. Brechter argumenta que Agostiño transladou o arcebispado a Londres, e que Melito foi o seu sucesor alí en lugar de Lourenzo, isto demostrose que é moi improbábel (Wallace-Hadrill ''Bede's Ecclesiastical History of the English People'' p. 39).</ref> Tras a morte de Agostiño en 604, Canterbury continuou sendo a sede do arcebispado meridional, e Londres permaneceu como bispado. É posíbel que o rei de Kent non desexase que se exercese unha maior autoridade episcopal fóra do seu propio reino
 
Melito asistiu a un consello de bispos en Italia en febreiro de 610, convocado polo papa [[Bonifacio IV, papa|Bonifacio]] IV. O historiador N. J. Higham cre que unha das razóns da súa presenza podería ser o tentar establecer a independencia da igrexa inglesa da francesa<ref name="Convert115">Higham ''Convert Kings'' p. 115</ref>. Bonifacio fixo que Melito levase dúas cartas papais de volta a Inglaterra, unha para Aethelberht e a súa xente, e outra para Lourenzo, o arcebispo de Canterbury<ref name="Brooks13">Brooks ''Early History of the Church of Canterbury'' p. 13</ref>. Tamén trouxo os decretos do [[Concilio|sínodo]] a Inglaterra<ref name="Blair86">Blair ''World of Bede'' pp. 86–87</ref>. Non sobreviviron as cartas ou documentos orixinais deste sínodo, aínda que algúns foron falsificados nas décadas de 1060 e 1070 aproximadamente, en [[Canterbury]]. Durante o seu período como bispo, Melito asinou xunto [[Cristianismo celta|a]] Xusto, o bispo de Rochester, unha carta escrita por Lourenzo aos bispos celtas alentando á igrexa celta a adoptar o método romano para calcular a data da [[Pascua cristiá|Pascua]]<ref name="ASE112">Stenton ''Anglo-Saxon England'' p. 112</ref>.
 
Melito faleceu o [[24 de abril]] de [[624]], e foi enterrado na abadía de San Agostiño en Canterbury ese mesmo día. Foi reverenciado como un santo tras a súa morte, e outorgóuselle un día festivo, o 24 de abril<ref name="Walsh420">Walsh ''A New Dictionary of Saints'' p. 420</ref>. En 1120 seguía sendo venerado en San Agostiño, xunto a outros santos locais<ref name="Father">Hayward "An Absent Father" ''Journal of Medieval History'' p. 217 footnote 72</ref>. Tamén había un sepulcro dedicado a el na Antiga Catedral de San Paulo de Londres<ref name="Shrines36">Nilson ''Cathedral Shrines of Medieval England'' p. 36</ref>. Pouco despois da [[Conquista normanda de Inglaterra|invasión Normanda de Inglaterra]], Goscelin escribiu a vida de Melito, a primeira biografía das moitas que apareceron naquela época, pero ningunha contén información non incluída nos traballos anteriores de Beda. Con todo, si sinalan que as persoas que sufrían de gota eran alentadas a rezar na súa tumba. Goscelin sinala que o sepulcro de Melito flanquea o de Agostiño, xunto ao de Lourenzo, no presbiterio.<ref name="Gem8">Gem "Significance of the 11th-century Rebuilding of Christ Church and St Augustine's, Canterbury" ''Medieval Art and Architecture at Canterbury'' p. 8</ref> A localización exacta da tumba determinouse finalmente en 1916<ref>{{Cita libro|título=Diccionario ilustrado de los santos|editorial=Grijalbo|ISBN=9788425335655|apelidos2=Schauber, Vera|lingua=español}}Faltan o <code style="color:inherit; border:inherit; padding:inherit;">&#x7C;apelido1=</code> en autors list ([[Axuda:Erros nas referencias#missing name|Axuda]])
</ref>.
[[Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias sen autor ou editor]]</ref>.
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{cita libro|autor=Beda |ligazónautor=Beda |editor= Sherley-Price, Leo (translator) |título=A History of the English Church and People |editorial=Penguin Classics |lugar=New York |ano=1988 |isbn=0-14-044042-9 }}
* {{cita libro|autor=Blair, Peter Hunter|ligazónautor= Peter Hunter Blair |título=The World of Bede |editorial=Cambridge University Press |lugar=Cambridge, UK |ano=1990 |edition=Reprint |ano-orixinal=1970 |isbn=0-521-39819-3}}
* {{cite journal |autor=Wood, Ian |título=The Mission of Augustine of Canterbury to the English |revista=[[Speculum (journal)|Speculum]] |volume=69 |issue=1 |pages=1–17 |date=January 1994 |doi=10.2307/2864782 |jstor= 2864782 }}
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]]
[[Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias sen autor ou editor]]</ref>.
[[Categoría:Santos (Catolicismo)do catolicismo]]
[[Categoría:Finados en 624]]
393.002

edicións