Adalberto de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m Bot: Substitución da categoría "Santos (Catolicismo)" pola categoría "Santos do catolicismo"; cambios estética
Liña 9:
A lei de Aethelberht para Kent, o código escrito máis antigo nunha [[Linguas xermánicas|lingua xermánica]], instituía un complexo sistema de multas. Este pódese atopar no ''Textus Roffensis'' (c. 1120). Kent era rico, con fortes lazos comerciais co continente, e Aethelberht quizais instituira un control real sobre o comercio. Durante o seu reinado, por primeira vez despois da invasión anglosaxoa, as moedas empezaron a circular en Kent. Aethelberht foi canonizado polo seu papel no establecemento do cristianismo calcedónico entre os anglosaxóns, ao que adherían a súa muller e a súa filla. A súa [[Santoral|festa]] na [[Igrexa Ortodoxa|Igrexa Ortodoxa Oriental]] e na [[Igrexa Católica|Igrexa Católica Romana]] orixinalmente era o 24 de febreiro, mais foi mudada ao 25.
 
=== Contexto histórico ===
[[Ficheiro:England_green_top.svg|dereita|miniatura|O estado da Inglaterra [[Anglosaxóns|anglosaxoa]] cando Aethelberht ascendeu ao trono de Kent.]]
 
Liña 20:
As fontes para coñecer este período da historia de Kent inclúen a ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Historia eclesiástica do pobo inglés]]'', escrita por [[Beda]], un monxe de [[Reino de Northumbria|Northumbria]], en [[731]][[Monxe|.]] Beda interesouse principalmente na cristianización de Inglaterra. Como Aethelberht foi o primeiro rei anglosaxón convertido ao [[cristianismo]], Beda proporciona información máis substancial sobre el que sobre calquera rei anterior. Un dos informantes de Beda foi Albino, abade do mosteiro de San Pedro e San Paulo (despois renomeado Santo Agostiño) en [[Canterbury]]. A ''[[Crónica anglosaxoa]]'', unha colección de anais reunidos arredor de 890 no reino de [[Wessex]], menciona varios acontecementos en Kent durante o reinado de Aethelberht.<ref name="Yorke_25">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 25.</ref> Máis mencións de acontecementos en Kent aparecen na historia dos [[francos]] escrita por [[Gregorio de Tours]], de finais do século XVI. Esta é a fonte conservada máis antiga entre as que mencionan un reino anglosaxón.<ref name="Kirby_30">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 30.</ref> Algunhas cartas do Papa [[Gregorio I, papa|Gregorio o Grande]] tratan a misión de [[Agostiño de Canterbury|Santo Agostiño]] en Kent en 597; estas cartas tamén mencionan o estado de Kent e as súas relacións cos seus veciños. Outras fontes inclúen listas dos reis de Kent e estatutos máis antigos (sesións de terra de reis aos seus seguidores ou á igrexa). A pesar de que non fica ningún orixinal do reinado de Etelbero, hai copias máis tardías. Tamén existe un código legal do seu reinado.<ref name="Yorke_25"/>
 
=== Liñaxe, ascenso ao trono, e cronoloxía ===
Segundo Beda, Aethelberht descendía directamente de Hengist. Beda da a seguinte liñaxe: "Aethelberht era fillo de Irminric, fillo de Octa, e despois do seu avó Oeric, cuxo alcume era Oisc, os reis do pobo de Kent xeralmente coñecéronse como Oiscing. O pai de Oeric era Hengist."<ref name="Bede_112">Bede, ''Ecclesiastical History'', Book II, Ch. 5, from Sherley-Price's translation, p. 112.</ref> Unha xenealoxía alternativa que se atopa na ''[[Historia Brittonum]]'' entre outras fontes, inverte a orde de Octa e Oisc na liñaxe.<ref name="Yorke_26"/> O primeiro destes nomes que se pode localizar historicamente de xeito confiable é o do pai de Aethelberht, que hoxe normalmente se escribe Eormenric. A única referencia escrita de Eormenric está nas xenealoxías de Kent, mais Gregorio de Tours si menciona que o pai de Aethelberht era o rei de Kent, aínda que non dá ningunha data. O nome Eormenric proporciona pode establecer unha relación coa outra beira do [[Canal da Mancha]]; o elemento "Eormen" era raro nos nomes da aristocracia anglosaxoa, mais moito máis común entre os nobres francos.<ref name="Yorke_28">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 28.</ref>
 
Liña 44:
As cidades principais dos dous reinos foron Rochester, no Kent occidental, e Canterbury, no Kent oriental. Beda non sostén que Aethelberht tivera un pazo en Canterbury, mais refírese a Canterbury como "metrópole" de Aethelberht, e fica claro que era a súa sede.<ref name="Yorke_3234"/><ref name="Campbell_TAS_38_2">Campbell et al., ''The Anglo-Saxons'', p. 38–39.</ref>
 
=== Relacións cos francos ===
[[Ficheiro:Aethelberht_of_Kent_sculpture_on_Canterbury_Cathedral.jpg|rightdereita|miniatura|Escultura do rei Aethelberht, rei anglosaxón e santo, na Catedral de Canterbury, Inglaterra.]]
Hai moitas probas de relacións estreitas entre Kent e os francos. O matrimonio de Aethelberht e Berta certamente vinculou as dúas cortes, aínda que non como iguais: os francos considerarían a Aethelberht un rei menor. Non hai ningún rexistro de que Aethelberht aceptara xamais a un rei continental como o seu soberano e, polo tanto, os historiadores están divididos sobre a natureza certa da relación. As probas dunha soberanía explícita dos francos sobre Kent vén dunha carta escrita polo Papa Gregorio o Grande a [[Teodorico II, rei franco|Teoderico]], rei de [[Orleáns]], e [[Teodeberto II|Teudeberto]], rei de [[Metz]]. A carta trata a misión de Agostiño en Kent de 597, e nela Gregorio di crer "que vos desexades que os vosos súbditos en cada aspecto se convertan a aquela fe na que vos, os seus reis e señores, vos sostedes". Pode ser que isto, máis que unha descrición da relación entre os reinos, fora un cumprimento papal. Tamén suxeríuse que Liudhard, o capelán de Berta, fora considerado un representante da igrexa franca en Kent, o que tamén se pode interpretar como proba de soberanía..<ref name="Stenton_59">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 59–60.</ref><ref name="Kirby_34">Kirby, ''Earliest English Kings'', pp. 34–35.</ref>
 
Liña 55:
 
==== Bretwalda ====
[[Ficheiro:Entry_for_827_in_the_Anglo-Saxon_Chronicle,_which_lists_the_eight_bretwaldas.gif|rightdereita|miniatura|A inscrición correspondente ao ano 827 nos anais do [C] ms. (un dos [[Crónica anglosaxoa|manuscritos de Abingdon]]) da ''Crónica anglosaxoa'', onde se lista os oito ''bretwaldas''; o nome de Aethelberht, escrito "Æþelbriht", é a penúltima palabra da quinta liña]]
Na súa ''Historia Eclesiástica'', Beda inclúe a súa lista de sete reis que exerceron o ''"imperium"'' sobre os outros reinos ao sur de Humber. Unha forma de traducir ''"imperium"'' e "autoridade" ou "soberanía". Beda nomea a Aethelberht como o terceiro na lista, despois de Ælle de Sussex e Ceawlin de Wessex.<ref name="Bede_111">Bede, ''Ecclesiastical History'', Book I, Ch. 25 & 26, from Sherley-Price's translation, p. 111.</ref> O anónimo confeccionador de anais que compuxo unha das versións da ''Crónica anglosaxoa'' repetiu a lista de Beda, que ten sete reis, nunha célebre inscrición correspondente ao ano 827, cun rei adicional, Egbert de Wessex. A ''Crónica'' tamén expón que estes reis tiveron o título de "''bretwalda''", ou "gobernante de Bretaña".<ref name="Swanton_60">Swanton, ''Anglo-Saxon Chronicle'',pp. 60–61.</ref> O significado exacto de ''bretwalda'' foi asunto de moito debate; foi descrito como un termo de "de encomio poético", mais tamén hai probas de que implicou unha función definida de liderado militar.<ref name="Stenton_34">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 34–35.</ref><ref name="Kirby_17">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 17.</ref>
 
Liña 62:
Nalgún momento Ceawlin deixou de ter o título de ''bretwalda'', quizais após unha batalla en Stoke Lyne, en Oxfordshire, que a ''Crónica'' data en 584, uns oito anos antes de que casara en 592 (outra vez segundo a non fiable datación da ''Crónica''). Aethelberht era un gobernante supremo cara o ano 601, cando Gregorio o Grande lle escribiu: Gregorio insta a Aethelberht para estender o cristianismo entre os reis e pobos suxeitos a el, o que implica certo grao de poder.<ref name="Stenton_59"/><ref name="Kirby_37">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 37.</ref> Se a batalla de Wibbandun aconteceu arredor de 590, como se suxire, entón Aethelberht gañaría a súa posición de señor supremo nalgún momento da década de 590. Esta data para Wibbandun é lixeiramente contraditoria coas datas propostas para o reinado de Ceawlin (581 e 588), mais non se pensa que esas datas sexan exactas, senón simplemente as máis plausibles das que se dispón.<ref name="Yorke_133"/>
 
==== Relacións con outros reinos ====
Alén da evidencia da ''Crónica'' de que Aethelberht tivo o título de bretwalda, hai probas da súa autoridade en moitos dos reinos do sur. En Essex, Aethelberht parece que estaría en condición de exercitar o poder pouco despois de 604, cando a súa intervención axudou na conversión ao cristianismo do rei Saebert de Essex e o seu sobriño. Foi Aethelberht e non Sæberht, quen construíu e enriqueceu San Paulo de Londres, onde agora eríxese a [[Catedral de San Paulo de Londres|Catedral de San Paulo]]. Beda proporciona aínda máis evidencias, xa que explicitamente describe a Aethelberht como señor de Sæberht.<ref name="Bede_108"/><ref name="Kirby_37"/><ref name="Stenton_109">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 109.</ref>
 
Liña 69:
Non hai probas de que a influencia de Aethelberht sobre outros reinos fora suficiente para converter ningún outro rei ao cristianismo, aínda que en parte esta interpretación se debe á falta de fontes, —por exemplo, non se sabe nada da historia de [[Reino de Sussex|Sussex]] durante case todo o século VII e VIII. Con todo, Aethelberht foi capaz de organizar unha asemblea en 602 no val de [[Río Severn|Severn]], sobre as fronteiras nordorientais de [[Wessex]], e isto pode ser unha indicación da extensión da súa influencia no oeste.<ref name="Kirby_37"/><ref name="Yorke_20">For example, Yorke comments that "it is impossible to write at any length about the history of [Sussex] in the seventh and eighth centuries" (''Kings and Kingdoms'', p. 20).</ref> Non se conserva ningunha proba que demostre a dominación de Kent sobre Mercia, mais é sabido que [[Mercia]] non dependía de [[Reino de Northumbria|Nortumbria]], así que é bastante plausible que estivera baixo a soberanía de Kent.<ref name="Stenton_39">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 39.</ref>
 
=== Misión de Agostiño e comezos da cristianización ===
Os britanos nativos convertíranse ao cristianismo baixo o goberno romano. As invasións anglosaxoas separaron a igrexa británica da cristiandade europea durante séculos, así que a igrexa de Roma non tivo ningunha presenza ou autoridade en Gran Bretaña, e de feito, Roma sabía tan pouco sobre a igrexa británica que ignoraba calquera cisma nos costumes. Porén, Aethelberht algo sabería da igrexa romana pola súa muller franca, Berta, quen trouxo consigo un bispo, Liudhard, da outra beira do Canal. Aethelberht renovara unha antiga igrexa romana para construírlle unha capela real, a de San Martiño (Saint Martin's), aínda en servizo como a igrexa máis vella no mundo anglofalante.<ref name="Kirby_36">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 36.</ref><ref name="Stenton_110">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 110.</ref><ref name="Kirby_35">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 35.</ref>
[[Ficheiro:Ethelbert,_King_of_Kent_from_All_Souls_College_Chapel.jpg|leftesquerda|miniatura|Xanela con vidreira de Aethelberht na capela de All Souls College, Oxford.]]
En 596, o Papa Gregorio o Grande enviou como misioneiro a Inglaterra a Agostiño, prior do mosteiro de Santo Andrés de Roma, e en 597 un grupo de case corenta monxes, liderados por Agostiño, arribou á Illa de Thanet en Kent.<ref name="Kirby_30"/> Segundo Beda, Aethelberht foi o bastante desconfiado dos que acaban de chegar para insistir en coñecelos baixo o ceo aberto, para evitar que fixesen bruxarías. Os monxes impresionaron a Aethelberht, mais non se converteu inmediatamente. Estivo de acordo en deixar que a misión se asentase en Canterbury e lles permitiu predicar.<ref name="Bede_74"/>
 
Liña 80:
Por influencia de Aethelberht, Sæberht, rei de Essex, tamén converteuse, mais había límites á efectividade da misión.<ref name="Stenton_109"/> Non toda a corte de Kent se fixo cristiá: Eadbald, o fillo e herdeiro de Aethelberht, era pagán cando ascendeu ao trono.<ref name="Kirby_36"/> Rædwald, rei de Anglia Oriental, converteuse só en parte (aparentemente mentres estivo na corte de Aethelberht) e conservou un santuario pagán xunto ao novo altar cristián.<ref name="Bede_112"/><ref name="Kirby_36"/> Agostiño tamén fracasou en gañar como aliado ao clero británico.<ref name="Stenton_110"/>
 
=== Código legal ===
[[Ficheiro:Textus_Roffensis_ms.png|rightdereita|miniatura|299x299px|A primeira páxina do manuscrito do século XII do código legal de Aethelberht]]
Algún tempo após a chegada da misión de Agostiño, quizais en 602 ou 603, Aethelberht emitiu un conxunto de leis, en noventa seccións.<ref name="Blackwell_13_Kelly">"Æthelberht", S.E. Kelly, in Lapidge, ''Encyclopaedia of Anglo-Saxon England''.</ref><ref name="Geary_209">Geary, ''Readings'', pp. 209–211.</ref> Estas leis consideranse o código preservado máis antigo composto nun país xermánico, e case con certeza foi un dos primeiros documentos redactados en [[Inglés antigo|anglosaxón]], cando a alfabetización chegaría a Inglaterra coa misión de Agostiño<ref name="Stenton_59"/><ref name="Yorke_1">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 1.</ref>. O único manuscrito antigo que queda, o ''Textus Roffensis'', data do século XII, e agora está no Medway Studies Centre, en Strood, Kent. O código de Aethelberht fa referencia á igrexa por primeira vez cando enumera a compensación requirida para a propiedade dun bispo, un diácono, un crego, etc.; mais en xeral, as leis notablemente non parecen influenciadas polos principios cristiáns<ref name="Geary_209"/>. Beda afirmou que foron compostas "segundo o xeito romano", mais tampouco hai moita influencia romana discernible. Nalgúns asuntos, as leis foron comparadas á [[Lei sálica]] dos francos, mais non se cre que Aethelberht baseara o seu novo código en ningún modelo específico anterior<ref name="Stenton_59"/><ref name="Blackwell_13_Kelly"/>.
 
Liña 98:
Quizais fora durante o reinado de Aethelberht cando comezou a cuñación de moedas en Inglaterra: ningunha ten o seu nome, mais pénsase que é probable que as primeiras moedas sexan de antes de finais do século VI. Estas primeiras moedas eran de ouro, e probablemente fosen os xilins (''scillingas'' en inglés antigo) que se mencionan nas leis de Aethelberht.<ref name="Yorke_40"/> As moedas tamén se coñecen en [[numismática]] como "thrymsas".<ref name="Blackwell_113">"Coinage", M.A.S. Blackburn, in Lapidge, ''Encyclopaedia of Anglo-Saxon England''.</ref>
 
=== Morte e sucesión ===
Aethelberht morreu o 24 de febreiro de 616 e foi enterrado na igrexa de San Pedro e San Paulo (despois St. Augustin's Abbey) pero máis tarde foi exhumado para que o seu santuario puidese ser colocado enriba do altar maior da igrexa normanda, onde Santo Aethelberht atraouxo peregrinos. Sucedeuno o seu fillo, Eadbald, quen non era cristián —Beda di que se convertera mais que volveu á súa fe pagá, pero que finalmente foi un rei cristián.<ref name="Blackwell_13_Kelly"/><ref name="Stenton_61">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 61.</ref> Eadbald ofendeu a Igrexa cando casou coa súa madrasta e cando refusou o bautismo.<ref name="Bede_112"/>
 
Liña 105:
É posible que Aethelberht, alén de Eadbald, tivera outro fillo, Æthelwald. A proba de isto é unha carta papal a [[Xusto de Canterbury|Xusto]], arcebispo de Canterbury de 619 a 625, que fala dun rei chamado Aduluald, quen aparentemente non era Audubald, que é unha forma de Eadbald. Non hai acordo entre os eruditos modernos sobre como interpretar isto: "Aduluald" podería ser unha forma de "Æthelwald", e por iso indicio doutro rei, quizais un sub-rei do Kent occidental; ou tamén pode ser unha transcrición errada de Eadbald.<ref name="Yorke_3233">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 32–33.</ref><ref name="Kirby_39">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 39.</ref>
 
=== Celebración litúrxica ===
Posteriormente Aethelberht foi canonizado polo seu papel no establecemento do cristianismo entre os anglosaxóns. A súa festa orixinalmente era o 24 de febreiro mais despois foi mudada ao 25 do mesmo mes.<ref name="rc.net"><cite class="citation web" contenteditable="false">[http://www.catholic-forum.com/saints/sainte3p.htm "Patron Saints Index: Saint Ethelbert"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070707233447/http://www.catholic-forum.com/saints/sainte3p.htm |date=07 de xullo de 2007 }}<span class="reference-accessdate">. </span></cite></ref>
 
Liña 115:
{{Listaref|colwidth = 30em}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Bibliografía ===
; Fontes primarias
* {{Cita libro |last= Beda|authorlink= Beda|title= [[Historia ecclesiastica gentis Anglorum]]|translator= Leo Sherley-Price|others= Revised by R.E. Latham|editor= D.H. Farmer|location= London|publisher= Penguin|year= 1991|isbn= 0-14-044565-X}}
Liña 136:
* {{Cita libro|last = Yorke|first = Barbara|title = Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England|year = 1990|location = London|publisher = Seaby|isbn = 1-85264-027-8}} {{Cita libro|last = Yorke|first = Barbara|title = Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England|year = 1990|location = London|publisher = Seaby|isbn = 1-85264-027-8}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fordham.edu/halsall/source/560-975dooms.html#The%20Laws%20of%20%C6thelberht As Leis de Æthelberht, en Medieval Sourcebook]
{{Reis de Kent}}
Liña 146:
[[Categoría:Reis de Kent]]
[[Categoría:Bretwaldas]]
[[Categoría:Santos (Catolicismo)do catolicismo]]