Medio de comunicación de masas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Crystal radio advertisement.png|miniatura|250px|Familia escoitando a [[Radio (medio de comunicación)|radio]], un dos primeiros medios de '''comunicación de masas'''.]]
A '''comunicación de masas''' é a [[Comunicación (linguaxe)|comunicación]] dirixida a un gran público, heteroxéneo e non identificado, por intermediarios técnicos sustentados pola [[economía de mercado]], e a partir dunha fonte organizada. A caracterización desa fonte é importante para delimitar as fronteiras que separan a comunicación de masa da que non é de masa.
 
== Contexto ==
[[Ficheiro:Today_show_1961.JPG|miniatura|Os anos sesenta foron claves na consciencia da masa, ó tempo que se desenvolvía a publicidade e se poñían de moda conceptos como ''usar e botar''.]]
{{Artigo Principal|Capitalismo|Modernidade|Globalización}}
Os mitjans de comunicación de masas atribúense a unha sociedade e un modelo de vida moi concreto, como é a [[sociedade de masas]], que ten a súa orixe na [[Idade Contemporánea]] e que se caracteriza pola [[revolución industrial]], que produce o abandono da agricultura en favor da industria e os servizos, grandes movementos demográficos que inclúen o [[éxodo rural]], e a mecanización do traballo, que fai que as máquinas substitúan ós artesáns. Os grandes canbios sociais da [[sociedade industrial]] foron acompañados dun cambio na visión individual da forma de vida, e nas ligazóns entre as comunidades.
 
== Características ==
A utilización dos [[medios de comunicación]] de masa implica organizacións xeralmente amplas, complexas, con gran número de profesionais e extensa división de [[Traballo (socioloxía)|traballo]]. A empresa [[xornal]]ística envolve o traballo dos directores, [[periodista]]s, redactores, [[Fotografía|fotógrafos]], diagramadores, ilustradores, gravadores, persoal de oficina... Como a manutención dunha organización de comunicación de masa é bastante onerosa, estas dependen dos imperativos do consumo para sobreviviren ou se expandiren: máxima circulación, no caso de [[libro]]s e [[Filme|películafilme]]s; garantía de [[Audiencia (medios de comunicación)|audiencia]] e venda de [[publicidade]], no caso dos xornais, [[revista]]s, [[radio (medio de comunicación)|radio]] e [[televisión]].
 
Por outra banda, os medios de comunicación de masas necesariamente abranguen máquinas na mediación da comunicación: aparellos e dispositivos mecánicos, [[Electricidade|eléctricos]] e [[Electrónica|electrónicos]] posibilitan o rexistro permanente e a multiplicación das mensaxes [[Imprenta|impresas]] (xornais, revistas, libros...) ou gravadas ([[Disco compacto|discos]], ...) en milleiros ou millóns de copias. A produción transmisión e recepción das mensaxes audiovisuais (radio, televisión) precisa milleiros ou millóns de aparellos receptores.