Pan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m →‎Historia: arranxiño
Liña 36:
== Historia ==
[[Ficheiro:Ramses III bakery.jpg|miniatura|Escenas de elaboración de pan na Tumba de [[Ramsés III]]. [[Val dos Reis]], [[Exipto]].]]
O pan foi o alimento básico da humanidade desde a [[prehistoria]]. Algúns autores imaxinan os inicios do pan; podería ser unha masa de grans semimoídos e lixeiramente humedecida, que se tería cocido ao sol sobre unha pedra quente ou simplemente terse deixado abandonada a carón do [[lume]], ou doutra fonte de calor diversa.<ref name="Bernard"/> Probablemente, os primeiros pans estarían feitos con fariñas de [[landra]]s. Os arqueólogos desenterraron fragmentos de pan [[ácimo]] nas escavacións de poboados preto dos lagos suízos. Sábese que os [[ExiptoAntigo antigoExipto|exipcios]] elaboraban pan dende moi antigo, e deles datan tamén as primeiras evidencias arqueolóxicas da utilización de fermento no pan así como o emprego de fornos. Crese que descubriron a [[fermentación]] por casualidade.<ref name="Six"/> O pan para os exipcios era tan importante que se consideraba como unha [[moeda]] para pagar os [[salario|xornais]].
 
En [[Roma]], durante a [[República Romana|República]] xa había fornos públicos. Para os [[Lexionario|lexionarios romanos]] o pan era un alimento habitual e era corrente que a súa dieta fose en gran medida [[oliva]]s e pan. Entregábanselles tres [[Libra (masa)|libras]] de [[trigo]] ao día, que trituraban nun [[muíño]] de man compartido por un grupo limitado de soldados. Nalgunhas rexións que non formaban parte do imperio como [[Gastronomía de Alemaña|Alemaña]] ou [[Gastronomía de Suecia|Suecia]], algúns habitantes que combateran no exército romano adoptaban o consumo de pan, e de aquí estendíase a sectores da poboación. O seu nome provén do latín ''pannus'' o que significa masa branca. Este gran consumo de pan durante o [[Imperio romano]] implicou a grande importancia que tivo o cultivo e comercio do trigo.<ref name="Naum">{{cita libro|apelidos=Naum|nome=Jasny|título=The Daily Bread of the Ancient Greeks and Romans|ano=1950|editorial=Osiris|localización=9:227|lingua=inglés}}</ref>