Dire Straits: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
talla > talle
Liña 29:
En marzo de [[1978]] publican o seu primeiro álbum, 'Dire Straits'. Pouco despois comezan a facer concertos en solitario, incluso fóra do [[Reino Unido]]. Por desgraza, as vendas do disco non son demasiado elevadas. Un ano despois gravan 'Communiqué', o seu segundo álbum e o menos vendido do grupo. Para compensar, sacan 'Making Movies', unha volta ao rock clásico, con temas máis fortes. Con 'Lover Over Gold' dan un novo xiro ao seu estilo, máis ao aire que a Mark lle gusta seguir. Un disco con sons case orquestais, aínda que sobre a base do Rock.
En 1984 sae á luz 'Alchemy', unha selección de dez cancións recollidas dos concertos en directo do grupo na xira do ano anterior. A finais de 1984 encerranse para preparar o seu novo disco. A gravación deste novo álbum levoulles varios meses e nel colaboraron artistas dado tallatalle de [[Sting]]. O novo álbum, ''Brothers In Arms'' foi o seu disco máis vendido en todo o mundo, con cancións como "So Far Away", "Money For Nothing" ou "Walk Of Life".
 
A xira do disco ''Brothers In Arms'' supuxo repetir o éxito colleitado polo disco. Durou dous anos e ofreceron 250 concertos en todo o mundo. O seguinte foi unha recompilación das súas mellores cancións e 'Money For Nothing' foi o título escollido.