Proxecto Apollo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Xosema (conversa | contribucións)
Liña 35:
[[Ficheiro:View of Spacecraft 012 Command Module during installation of heat shield.jpg|dereita|250px]]
{{Artigo principal|Apollo 1}}
Os inicios do programa Apollo foron tráxicos. Na tarde do venres [[27 de xaneiro]] de [[1967]] o Apollo 1, que debía se-lo primeiro da serie, foi vítima dun incendio ó saltar unha faísca mentres os astronautas Virgil "Gus" Grissom (o primeiro astronauta en viaxar nas tres misións, Mercury, Geminis e Apollo), Edward White e [[Roger Chaffee]] probaban os sistemas do módulo de mando da nave. A atmosfera da cápsula era de osíxeno puro, un gas moi inflamable. O lume estendeuse rapidamente e os astronautas morreron sen posibilidade de escape. Despois daquela catástrofe, modificouse o deseño da nave Apollo para evitar outro accidente similar e engadiuse unha saída de emerxencia.
 
Virgil I. Grissom, Edward H. White II e Roger B.Chaffee practicaron unha simulación de lanzamento para unha misión AS-204 de 14 días na órbita terrestre. Xa pasaran un ano de adestramento perturbado por avarías constantes do simulador de voo do módulo de mando. Viran atrasada a entrega da súa nave, en particular porque o sistema de climatización tivo que ser substituído. Xurdiron problemas de novo, cando Grissom se queixaba dun forte olor a leite na atmosfera da cabina. Estaba programado un ensaio de evacuación de urxencia, pero os pilotos non tiveron tempo de cumprilo. Ás 18:31 morreron no incendio que se esparexeu brutalmente na cabina. Pasaran ó redor de cinco minutos cando puideron abri-la comporta exterior. Sospeitouse dun cable defectuoso e a mala calidade da realización, pero non se puido descubri-la orixe exacta do incendio.