Pazo de Hermida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Liña 23:
Hai documentos que indican que este lugar debeu ser residencia dun xefe na [[Idade Media]]. Cítase o pazo de Hermida en gran número de documentos medievais; aparece na [[Lírica galego-portuguesa#Profana|lírica profana galego-portuguesa]] e tamén se menciona nas [[Cantigas de Santa María]]<ref name="cantigas_Sta.María">[[Manuel Lorenzo Baleirón]]: [http://www.concellodedodro.org/c/document_library/get_file?uuid=6ab9e609-264f-48da-901b-e27ecf6a3a3b&groupId=12226 "Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga", en pdf], páxina 227.</ref>. A construción orixinal eran dúas torres defensivas pero debido a diversas incursións, sufriron danos, ata que se reconstruíron no século XVII uníndoas por un corredor e converténdose deste xeito no pazo que é na actualidade.
 
Antigamente na horta deste pazo había un frondoso [[érbedo]] que viu como co paso dos anos se formaba nel, a pouca altura do chan, un asento. Dise que era o lugar predilecto de Rosalía, dende o que admiraba a fermosura da paisaxe e no que concibiu cantares e poesías de seu. Trala morte da súa nai en 1868, a poetisa galega, refuxiouse nas Torres de Lestrobe. En 1881 escribiu neste lugar ''Padrón y las inundaciones''<ref>Publicado en catro entregas consecutivas en ''[[La Ilustración Gallega y Asturiana]]'', Madrid: o [http://biblioteca.galiciana.gal/en/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1081906&interno=S&presentacion=pagina&registrardownload=0&posicion=5 28 de febreiro] e o [http://biblioteca.galiciana.gal/en/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1081907&interno=S&presentacion=pagina&registrardownload=0&posicion=5 8], [http://biblioteca.galiciana.gal/en/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1081908&interno=S&presentacion=pagina&registrardownload=0&posicion=5 18] e [http://biblioteca.galiciana.gal/en/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1081909&interno=S&presentacion=pagina&registrardownload=0&posicion=5 28 de marzo de 1881].</ref> e pénsase que tamén deu vida ou retomou no pazo obras coma ''[[Follas novas]]'', ''El primer loco'', ''Costumbres Gallegasgallegas'', e ''El Domingo de Ramos'' e ''Cartas a Murguía''.
 
Un dos propietarios deste pazo naquel entón, Gregorio Antonio de Hermida, estaba casado coa tía materna de Rosalía de Castro, sendo este o motivo polo que o matrimonio pasou longas tempadas en Lestrobe, convidados por [[José de la Hermida]], curmán de Rosalía. En Lestrobe naceron os xemelgos [[Ovidio Murguía Castro|Ovidio]] e Gala (Gala Blanca Eleonora), fillos do matrimonio, o 2 de xullo do 1871.