Curaçao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
talla > talle
Liña 70:
A mediados do século XVII establécense na illa colonos neerlandeses, e xudeus sefardíes orixinarios da Península Ibérica, provenientes principalmente do [[Brasil]]. Con eles mellóranse as técnicas para o cultivo de cítricos e a explotación de salinas. En 1642, [[Peter Stuyvesant]] é designado gobernador. Con el, a illa transfórmase nun importante centro de comercio, e establécese, o que chegaría a ser, un dos principais mercados de escravos, para as colonias europeas en [[América]]; especialmente para o Brasil. Feito este, que dá un forte impulso ao desenvolvemento económico da colonia.
 
A illa foi ocupada polos ingleses en dúas ocasións, que van de 1800 a 1803, e de 1807 a 1816, ambas as dúas motivadas polas [[Guerras Napoleónicas]] en Europa. De xeito case simultáneo, prodúcense os movementos independistas das colonias hispanas do continente, coas que contribúe dando refuxio a próceres dado tallatalle de [[Simón Bolívar]], e coa participación, de polo menos, dúas dos seus personaxes claves, como son [[Manuel Piar]], Libertador da provincia de [[Provincia de Guaiana|Guaiana]], e [[Luis Brión]], quen chegaría a ser Almirante da República de [[Gran Colombia|Colombia]].
 
Para o ano de 1863 a [[escravitude]] é abolida nas colonias neerlandesas, incluíndo nelas á illa de Curaçao, o cal conduce a unha severa crise económica. Debido a isto, un importante número dos seus habitantes emigran en busca de traballo, principalmente á illa de [[Cuba]], onde traballan nas plantacións de [[cana de azucre]].