Lingua minorizada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Lingua minorizada''' é un termo da [[Sociolingüística]] que fai referencia a calquera lingua que, compartindo espazo xeográfico con outra ou outras, ten usos restrinxidos. SonÉ aquelasaquela que, sendo historicamente propiaspropia dun pobo, venve restrinxidas as súas funcións de uso. Unha das razóns que poden levar a unha situación de minorización é un proceso de [[substitución lingüística]], pero na maior parte dos casos as linguas minorizadas nunca chegaron historicamente a desenvolver eses rexistros e usos. A competencia desigual con outra lingua de maior prestixio constitúe o factor causante desta situación.
 
Tradicionalmente denominóuselles a estas linguas ''minoritarias'', pero ese é un valor erróneo, posto que a minorización non depende do número de falantes, senón do status do que goce a lingua.
 
== Historia e características ==
A minorización lingüística pode ter causas predominantemente políticas, que se expresan nas normas de uso lingüístico explícitas (por exemplo os decretos de [[Nova Planta]] nos [[Países Cataláns]] que crearon as circunstancias que permitiron a prohibición do uso do [[lingua catalá|catalán]] nos ámbitos oficiais), ou sociais, expresadas na conciencia ou representación social, que pode impedir a [[normativización]] ou a codificación e o cultivo da lingua (por exemplo, a clase alta prefire e impulsa o francés en [[Luxemburgo]] e acaba impedindo o desenvolvemento do idioma [[luxemburgués]]).
 
Liña 8 ⟶ 9:
 
O concepto de '''lingua minoritaria''' refírese á demografía relativa dun idioma, ás dimensións dunha comunidade lingüística. Aplícase, pois, á lingua dunha comunidade lingüística pequena, en termos xerais ou rexionalmente. Pode haber, pois, linguas minoritarias en situación de oficialidade plena (a [[lingua danesa|danesa]]) e linguas minoritarias minorizadas (o [[lingua galega|galego]] ou o catalán). Se se tomar como referencia para estas dúas últimas o ámbito da Comunidade Autónoma, en vez do estatal, non son linguas minoritarias minorizadas senón maioritarias minorizadas, pois son usadas pola maioría das respectivas poboacións. Tamén, dentro dun ámbito estatal, unha lingua pode estar en situación de minorización, e seguramente en minoría ante o grupo dominante, e, pola contra, á outra banda da fronteira estar en situación de oficialidade plena (é o caso do grupo alemán de [[Alsacia e Lorena]], dentro do Estado [[Francia|francés]]).
 
{{Control de autoridades}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 17 ⟶ 16:
* [[Lingua indíxena]]
* [[Lingua materna]]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Sociolingüística]]