Linguas indíxenas de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Langs N.Amer.png|miniatura|350px|Distribución de familias lingüísticas ó Norte de México no intre de chegada dos europeos.]]
As '''linguas indíxenas de América''' ou '''linguas amerindias''' son todas aquelas linguas faladas en [[América]] antes da chegada de [[Cristovo Colón]] polos [[Pobos indíxenas de América|amerindios norteamericanos]] e [[Pobos indíxenas de América|amerindios suramericanos]]. Non corresponden a unha soa familia lingüística senón a unha agrupación xeográfica. Moitas extinguíronse ou foron substituídas polo [[Lingua castelá|español]], o [[Lingua portuguesa|portugués]], o [[Lingua francesa|francés]] e o [[Lingua inglesa|inglés]], as linguas dos colonizadores. Hoxe en día moitas [[lingua indíxena|linguas indíxenas]] deben loitar pola súa supervivencia e o seu recoñecemento, xa que están ligadas a culturas rurais, cunha forte [[diglosia]] e, moitas, sen o apoio da [[escritura]].
 
Constan de varias [[familias de linguas]], así como diversas [[lingua illada|linguas illadas]] e [[lingua non clasificada|non clasificadas]]. En varias ocasións propuxéronse grupos maiores de clasificación que hoxe en día non gardan consenso na comunidade científica. É sumamente dubidoso que se poida falar dunha soa familia chamada ''amerindia'', do mesma xeito que non existe unha familia de linguas papuana nin unha familia caucásica, senón que eses termos só fan referencia á xeografía.