Coagulación do sangue: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 2:
A '''coagulación do sangue''' é o proceso polo cal o [[sangue]] forma unha masa sólida chamada coágulo. É unha parte importante da [[hemostase]], é dicir, da detención da perda de sangue polos vasos sanguíneos lesionados, na cal a zona da parede do vaso danada se cobre de [[plaqueta]]s e material coagulado que contén [[fibrina]] para parar a [[hemorraxia]] e empezar a reparar a parede do vaso. Os trastornos na coagulación do sangue poden causar un aumento do risco de hemorraxias ou a formación de coágulos obstrutivos ([[trombose]]). Os coágulos formados dentro dun vaso sanguíneo denomínanse trombos.<ref name="isbn1-4051-8460-4">{{Cita libro |author=David Lillicrap; Nigel Key; Michael Makris; Denise O'Shaughnessy |title=Practical Hemostasis and Thrombosis |publisher=Wiley-Blackwell |location= |year=2009 |pages=1–5 |isbn=1-4051-8460-4}}</ref>
O proceso de coagulación sanguínea está moi conservado entre os seres vivos; en todos os [[mamífero]]s a coagulación implica a dous compoñentes: células (plaquetas) e [[proteína]]s ('''factores de coagulación''').<ref name="pmid22137432">{{Cita publicación periódica |author=Sabatino DE, Nichols TC, Merricks E, Bellinger DA, Herzog RW, Monahan PE |title=Animal models of hemophilia |journal=Progress in Molecular Biology and Translational Science |volume=105 |issue= |pages=151–209 |year=2012 |pmid=22137432 |doi=10.1016/B978-0-12-394596-9.00006-8}}</ref> Nos humanos o sistema investigouse intensamente e é o mellor coñecido.<ref name="pmid22137432" />
A coagulación empeza case inmediatamente despois de que se produce unha lesión nun vaso sanguíneo que afectou ao [[endotelio]] que o reviste internamente. Cando o sangue se expón a proteínas chamadas [[factor tisular|factores tisulares]] prodúcense cambios nas plaquetas e na proteína do [[plasma sanguíneo]] [[fibrinóxeno]], que é un factor de coagulación. As plaquetas forman inmediatamente un tapón no sitio da lesión, o que se chama ''hemostase primaria''. A ''hemostase secundaria'' ocorre simultaneamente: As proteínas do plasma, chamadas
== Fisioloxía ==
|