Sebastián Malvar Pinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Magus (conversa | contribucións)
Nova páxina: '''Sebastián Malvar e Pinto''' (Salcedo, 1730 - Santiago de Compostela, 1795) naceu en Salcedo, formándose nos conventos franciscanos de Pontevedra e [[Rivad...
 
Magus (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Sebastián Malvar e Pinto''' ([[Salcedo]], [[1730]] - [[Santiago de Compostela]], [[1795]])
 
naceu en [[Salcedo]], formándose nos conventos franciscanos de [[Pontevedra]] e [[RivadaviaRibadavia]]. Realizou estudos eclesiásticos en [[Salamanca]], cidade onde se ordeou como franciscano o [[5 de marzo]] de [[1747]]. Completou a súa formación anos despois realizando estudos de Teoloxía, e finalmente obtivo o grao de doutor na universidade salmantina e unha cátedra de Teoloxía, o que lle deu renome e fama. En [[1777]] foi designado para ocupar a sé episcopal de [[Bos Aires]], a onde viaxou acompañado do seu sobriño Pedro Acuña e Malvar, sacerdote e do seu confesor persoal Frei Pedro Guitián Arias.
 
Unha vez en Bos Aires, Malvar percorreu o territorio e observou a necesidades de igrexas, polo que ordeou erixir novas parroquias e poboados. As sús primeiras iniciativas á fronte da súa diócesi foron encamiñadas a mellorar os costumes e a incrementar a evanxelización, preocupándose tamén por finalizar as obras de reconstrucción da catedral porteña. Nos seis anos que permaneceu na diócese o bispo Malvar tivo varios enfrentamentos co vicerrei Vértiz –un crioulo con tendencias renovadoras-, así como co cabildo catedralicio, por cuestións de preferencia e privilexios. Pola súa mentalidade conservadora, o bispo Malvar promeveu os ejercicios espirituais e prohibiu as corridas de touros. A súa permanencia no [[Prata]] non foi moi dilatada, xa que en [[1784]] foi nomeado arcebispo de [[Santiago de Compostela]], grazas, entre outros méritos, á súa implicación na sufocación da rebelión encabezada polo [[inca]] José Gabriel Cordoncanqui ([[Túpac Amaru II]]). Na viaxe de regreso, ao desembarcar en [[Cádiz]], protagonizou xunto co seu sobriño un curioso suceso: os funcionarios de aduanas acusáronos de traer, fraudulentamente, na equipaxe que portaban, unha considerable cantidade de barras de ouro sen registrar. Para resolver o incidente Malvar doou a mercancía á Coroa, co que quedaba exenta de rexistro. Con todo, ao parecer, o rei devolveulla para que a empregase en obras en Compostela. O arcebispo Malvar faleceu na capital da súa arquidiócese aos once anos de tomar posesión dela.