Olaría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 14:
Na [[Europa]] [[mediterráneo|mediterránea]] as pezas máis antigas son, probabelmente, as atopadas no sitio de [[Camprafaud]] ([[Languedoc]]) e [[Verdelpino]] ([[Provincia de Cuenca|Cuenca]]), pezas datadas no [[VI milenio a. C.|VI milenio&nbsp;a.&nbsp;C.]]; non presentan ningún tipo de decoración. Tamén hai pezas do [[III milenio a. C.|III milenio&nbsp;a.&nbsp;C.]] atopadas en [[Cataluña]], [[Provenza]], [[Córsega]] e [[Dalmacia]]; neste caso, a súa decoración baséase na impresión con cunchas mariñas, técnica chamada "montserratina" pola súa grande abundancia no [[macizo de Montserrat]] e coñecida tamén como [[cerámica cardial]].<ref>Sureda (1988) p.89</ref>
[[Ficheiro:Ägyptisches Museum Leipzig 029.jpg|miniatura|Cerámica exipcia da cultura [[Naqada I]], [[circa]] 3700&nbsp;a.&nbsp;C.]]
Os achados [[arqueoloxía|arqueolóxicos]] no [[Alto Exipto]], na fase [[Naqada I]], fan supoñer que dende o 4500 ao 3500&nbsp;a.&nbsp;C. se practicaba a [[agricultura]]. Tamén se enterraban os mortos en tumbas, onde era frecuente o uso de [[Enxoval funerario|enxovais funerarios]] entre os que era habitual atopar vasillas de [[terracota]] vermella con motivos pintados en branco; as decoracións que predominaban eran as de tipo xeométrico, como por exemplo [[triángulo]]s, [[semicírculo]]s e espigas.<ref>Sureda (1988) pp.126-127</ref> Contra o 4000&nbsp;a.&nbsp;C. en [[Badari]] fabricábanse vasillas de olaría finas e puídas e atopáronse grandes cantidades de obxectos pintados con figuras de animais e escenas de barcos de remos de aproximadamente 3600&nbsp;a.&nbsp;C.<ref>Historia Universal del Arte (1984) p.32</ref>
 
[[Ficheiro:Cerámica cardial-La Sarsa (España).jpg|esquerda|miniatura|[[Cerámica cardial]] da cova de La Sarsa, [[Valencia]].]]