Manila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 37:
A historia de Manila ten os seus antecedentes nos asentamentos comerciais establecidos polos musulmáns moito antes da chegada dos españois, destacando os dous da desembocadura do [[río Pasig]]: [[Tondo]] ao norte, o máis importante, e [[Maynilad]] na beira sur. Comerciaban cos chineses e outras zonas da rexión. Os dous asentamentos estaban fortificados con troncos de palmeira.
 
Foi coa chegada e toma do poder polos conquistadores españois ao mando de [[Miguel de Legazpi]] en [[1571]], cando estes levantaron un forte na península onde se estendía Maynilad, confinada entre o Pasig e a ampla e pechada baía do oeste da [[illa de Luzón]], coma ten comezado a historia de '''[[Manila]]'''.
 
Inicialmente construíron un simple bastión (Fortaleza de Nosa Señora da Guía 1571-91), seguido dun forte propiamente dito na punta máis defendible da península ([[Forte de Santiago]] 1589-1592)<ref>[http://www.aenet.org/manila-expo/p11ima4.jpg Imaxe] en www.aenet.org.</ref> e finalmente o amurallamento de toda a poboación asentada (1590-1606). Por iso recibiu o nome de [[Intramuros]]<ref>[https://web.archive.org/web/20040713101029/http://members.aol.com/ernestojlaput/manichest.jpg Imaxe] en members.aol.com.</ref>. Eran 64 hectáreas coa típica disposición en cuadrícula das fundacións coloniais españolas:<ref>[http://www.fototeca.us.es/imagen_envia.jsp?id=29495&tipo_imagen=ficha Imaxe] en www.fototeca.us.es.</ref> rúas cruzándose ortogonalmente e deixando un bloque baleiro coma praza central cos poderes representativos o redor, catedral e palacio<ref>[http://www.aenet.org/manila-expo/p12ima1.jpg Imaxe] en www.aenet.org.</ref>. Fóra, por desconfianza despois do ataque chinés de [[1574]], ao leste foi disposto o barrio para ese grupo étnico á vez que mercado (Parián, demolido en 1783 e trasladado a beira oposta do río). Xusto onde se construíu a primeira ponte sobre o Pasig e por moito tempo a única, a Ponte Grande ou de España.<ref>[http://www.aenet.org/manila-expo/p11ima10.jpg Imaxe] en www.aenet.org.</ref>