Hemostase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en tradución}}
{{Non confundir|homeostase}}
A '''hemostase'''<ref>[http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=33886&opcion=entrada&entrada=hemostase hemostase]</ref> ou '''hemostasia'''<ref>Dicionario Digalego [http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=33887&opcion=entrada&entrada=hemostasia hemostasia]</ref> é o proceso que fai que as [[hemorraxia]]s cesen e deixe de perderse [[sangue]] polos [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]] lesionados. É o primeiro paso para a curación das feridas. Implica a [[coagulación do sangue|coagulación]], o cambio que experimenta o sangue de ser un líquido a ser un xel. En condicións normais, as células [[endotelio|endoteliais]] dos vasos sanguíneos intactos impiden a coagulación do sangue segregando substancias coagulantes con efectos similares á [[heparina]], así como [[trombomodulina]] e impiden a agregación das plaquetas segregando [[óxido nítrico]] e [[prostaciclina]]. Porén, cando ocorre unha lesión nun vaso, as células endoteliiais paran a súa [[secreción]] de inhibidores da agregación e coagulación e no seu lugar segregan [[factor de von Willebrand]], que inicia o establecemento e mantemento da hemostase despois da lesión. A hemostase comprende tres etapas: 1) vasoconstrición, 2) bloqueo temporal da rotura no vaso por medio dun [[tapón plaquetario]], e 3) coagulación do sangue coa formación dun coágulo de fibrina. Estes procesos selan o orificio ata que se reparen os tecidos.