Elvis Presley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado referencias
Etiqueta: edición de código 2017
m máis referencias
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 27:
En novembro de [[1956]], estreouse no cine na película ''Love Me Tender''. Alistado no servizo militar en [[1958]], relanzou a súa carreira dous anos máis tarde con algúns dos seus maiores éxitos comerciais. Porén, fixo poucos concertos en vivo e, guiado por Parker, dedicou gran parte da década de 1960 a facer películas en [[Hollywood]] e álbums de [[Banda sonora orixinal|bandas sonoras]], moitas delas amplamente criticadas. En [[1968]], logo de sete anos sen concertos en vivo, reapareceu no escenario no aclamado programa especial televisivo ''Elvis'', que o levou a dar un amplo número de concertos en [[Las Vegas, Nevada|Las Vegas]] e a unha serie de xiras moi rendibles. En [[1973]], Presley foi o protagonista do primeiro concerto dun artista solista que foi emitido via satélite para todo o planeta, ''Aloha from Hawaii''.{{sfn|Ruarte|2013}}{{sfn|Brown|Broeske|1997}}{{sfn|Victor|2008}}{{sfn|Guralnick|1999}} Anos de abuso de medicamentos receitados comprometeron seriamente a súa saúde, morrendo repentinamente en [[1977]] na súa mansión de [[Graceland]] cando tiña 42 anos.
 
Presley é un dos máis célebres e influentes músicos do século XX. Logrou o éxito comercial en moitos [[Xénero musical|xéneros]], incluíndo [[Música pop|pop]], country, [[blues]] e [[gospel]]. É o cantante solista con máis vendas en toda a historia da música gravada.{{sfn|Reaves|2002}}{{sfn|Victor|2008|pp=438–39}}{{sfn|Semon|Jorgensen|2001}}{{sfn|Collins|2002}} Ganou tres [[premios Grammy]] e recibiu outro pola súa [[Grammy á carreira artística|carreira artística]] cando tiña 36 anos, e está en múltiples salóns da fama musical. Cando morreu vendera 200 000 000 de discos e conseguira 129 [[disco de ouro|discos de ouro]]. Interpretou 31 filmes, relacionados case todos eles co mundo da canción.
 
== Traxectoria ==