Sak K'uk': Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:PakalImage3_cropped.jpg|miniatura|Representación iconográfica do taboleiro oval do Palacio de Palenque. Sak K'uk' entrégalle ó seu fillo o tocado que o confirma como [[Ajaw|ahau]] do señorío de B'aakal. Kinich Janaab Pakal atópase sentado nun trono de dobre cabeza de xaguar.]]
'''Ix Sak K'uk'''' ou '''Sak K'uk'''' (f. [[9 de setembro|9]] ou [[12 de setembro]] de [[640]]) foi a gobernante de facto do estado [[Civilización maia|maia]] de [[B'aakal|Baakal]], cuxa sede estaba na cidade de [[Palenque, Chiapas|Lakam Ha]], actualmente coñecida como a «zona arqueolóxica de Palenque», no que hoxe é o estado [[México|mexicano]] de [[Estado de Chiapas|Chiapas.]] Relaciónase co nome dun dos deuses proxenitores de Palenque, Muwaan Mat, que ―de acordo cos [[Escrita maia|xeroglíficos]] do sartego do seu fillo [[K'inich Janaab' Pakal|Pakal o Grande―Grande]]―, gobernou dende o ano 612 até o 615. O seu nome pode traducirse como ‘Ave Branca’ (en [[lingua maia clásica]], ''sak'': ‘branco’; e ''kuk'': ‘ave’).<ref name="Sabines_1">Sabines, 1993; pág. 69.</ref> Tamén é mencionada como a '''Señora Bestezuela'''.<ref name="Sabines_1">Sabines, 1993; pág. 69.</ref>
 
== Crise dinástica ==
Liña 12:
 
== Muwaan Mat ==
Nos xeróglidos do sartego de [[K'inich Janaab' Pakal|Pakal “o Grande”]] que narran a sucesión dinástica de Palenque atópase rexistrado que Muwaan Mat ascendeu ó poder o 9.8.19.7.18 9 etz'nab 6 ceh da conta longa do calendario maia, é dicir, o [[19 de outubro]] do [[612]] —dous meses despois da morte de Aj Ne' Ohl Mat— coa inscrición “k'uhul ixik, satay ajaw” que quere dicir: “perdida está a divina señora, perdido está o señor”. Esta frase que alude á derrota da guerra explica dalgún xeito un renacer coa entronización de Muwaan Mat, quen é un deus nado no ano [[IV milenio a. C.|3121]] a. C., sete anos antes da data cero da conta longa (0.0.0.0.0 4 ajau 8 cumkú), que tomara o título de «Divino Señor de Matwiil» no 2305 a. C. e que regresara para volver asumir o trono no [[612]] d. [[612|C.]]
 
Muwaan Mat era considerado un dos tres deuses proxenitores de Palenque. A metáfora do seu regreso para asumir o trono e restabelecer novamente a varonía (sucesión patrilineal), dá lexitimidade ó trono do seguinte e futuro [[Ajaw|ahau]] [[K'inich Janaab' Pakal]], quen no 612 só tiña nove anos de idade.<ref>Skidmore, 2008; pág. 67.</ref>