Diferenzas entre revisións de «Antigo Réxime»

m
m (→‎O caso español: Arranxos varios, replaced: antinatural → contranatural using AWB)
m (→‎Sistema político: arranxiño)
A incapacidade de formar monarquías absolutas noutros reinos pode exemplificarse co caso inglés, onde os [[Tudor]], monarquía autoritaria que mantivo o equilibrio co Parlamento mentres se producían os cambios sociais da [[Reforma anglicana|Reforma]], deron paso aos [[Estuardo]], que na pugna por aumentar o seu poder, perderon literalmente a cabeza.
 
O exposto con anterioridade, e ao que tenderían máis ou menos os diferentes casos, é o que podería considerarse o modelo ideal de absolutismo. Era moi relativo ata que punto os monarcas chamados absolutos podían exercer un poder semellante, e ata é planteable se nin sequera terían a pretensión de organizar a [[Política|vida pública]] en toda a súa extensión,<ref>[[Bartolomeu Clavero]], un historiador do dereito, desenvolveu en varias obras a idea de que non pode sequera chamarse [[Estado]] ás entidades políticas anteriores á [[Revolución Liberalliberal]], por exemplo en ''Tantas Persoas como Estados''. Madrid. Tecnos. 1986.</ref> xa que se deixaban enormes espazos en que o poder exércese por multitude de [[intermediario]]s (os "estados" nobiliarios, a poderosísima [[xurisdición eclesiástica]], os [[territorios forais]], e todo tipo de [[corporación]]s, como os [[Municipio|concellos]], os [[gremio]]s, as [[Universidade]]s...). A capacidade de decisión dos reis estaba minada polo [[déficit orzamentario|déficit]] crónico de recursos financeiros, que axiña que como se reciben (e aínda antes) son gastados no [[exército]] e o suntuoso [[luxo]] da corte (enormemente necesario para manter o prestixio da monarquía e a fidelidade da nobreza, atraída ao seu servizo).
 
{{Artigo principal|Despotismo ilustrado}}
104.748

edicións