Diferenzas entre revisións de «Glándula do sal»

(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
== En aves ==
 
As glándulas do sal das aves teñen dous condutos principais, medial e lateral. Estas glándulas excretan cloruro de sodio [[hipertónico]] (con poucos ións doutro tipo) polo estímulo de [[osmorreceptor]]es centrais e periféricos e receptores de volume. As glándulas do sal actívanse cando se incrementa a [[osmolaridade]] do sangue, estimulando o procesamento da información [[hipotálamo|hipotalámica]], enviando sinais a través dun [[nervio parasimpático]] e activando a [[vasodilatación]], a liberación de [[hormona]]s ([[acetilacolinaacetilcolina]] e [[péptido intestinal vasoactivo]]).<ref>{{Cita publicación periódica|last=Hildebrandt|first=Jan-Peter|title=Coping with excess salt: adaptive functions of external osmoregulatory organs in vertebrates|journal=Zoology|year=2001|volume=104|pages=209–220|doi=10.1078/0944-2006-00026}}</ref> A acetilcolina únese ao receptor na membrana basolateral das glándulas. Este á súa vez activa a liberación de calcio nas células epiteliais, a apertura de canles de potasio na membrana basolateral, por onde o potasio flúe fóra da célula, e canles de cloruro na membrana apical, por onde sae o cloruro da célula. Os ións son trasladados ás células epiteliais por un [[cotransportador de Na-K-Cl]], tamén situado na membrana basolateral. Os incrementos do nivel de sodio abren as canles de [[ATPase de Na+/K+|ATPase de Na<sup>+</sup>/K<sup>+</sup>]], eliminan o exceso de sodio pola membrana basolateral á vez que permiten que o potasio entre na célula. Fórmase un gradiente eléctrico ao acumulárense ions cloruro, que permite que o sodio pase a través das [[unión hermética|unións herméticas]] das células epiteliais das glándulas do sal xunto con cantidades mínimas de auga. Ademais, as células ricas en [[mitocondria]]s están asociadas con cambios na concentración de sal e colaboran co movemento de sales.
 
== En réptiles ==
191.867

edicións