Afonso VIII de León e Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Matrimonios: Pechei un paréntese que faltaba
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 78:
Polas presións da [[igrexa católica|igrexa]], e polo feito de que o [[papa]] [[Celestino III, papa|Celestino III]], debido a este matrimonio entre primos irmáns, sen dispensa papal, [[Excomuñón|excomungara]] ao [[monarca]] de León e pronunciara un [[interdito]] sobre o [[Reino de León]] en [[1195]], a parella tivo que separarse e, en [[1198]], o matrimonio foi anulado por consanguinidade, e Teresa, en [[1200]], retirouse a un convento en [[Lorvão]].<ref name=CASTILE/> A raíña Teresa foi [[beato|beatificada]], en [[1705]], xunto coa súa irmá [[Sancha de Portugal|Sancha]], polo papa [[Clemente XI, papa|Clemente XI]] mediante a [[bula]] ''Sollicitudo Pastoralis Offici''.<ref>[http://www.eltestigofiel.org/index.php?idu=sn_1193 Beata Sancha, virgen y fundadora] en El Testigo Fiel {{es}}. Consultada o 23 de outubro de 2017.</ref><ref>[http://www.santiebeati.it/Detailed/92690.html Beata Teresa del Portogallo] en ''Santi e Beati'' {{it}}.</ref>
 
Contra a metade de decembro de [[1197]], despois de que as relacións co [[Reino de Castela]] melloraran (desde [[1195]] eran moi malas: nese ano, o intento de proseguir a [[Reconquista]] polo rei [[Afonso VIII de Castela]], foi freado pola derrota na [[batalla de Alarcos]], o [[18 de xullo]] de [[1195]] porque, entre outras cousa, Alfonso VIII de León, se negara a participar nela), Afonso VIII de león casou coa súa segunda esposa, a súa prima segunda [[Berenguela de León e Castela|Berenguela de Castela]], filla do rei Afonso VIII de Castela, primo irmán de Afonso VIII de León (en realidade o pai de Afonso VIII de León, Fernando II, e o pai de Alfonso VIII de Castela e, por tanto, avó de Berenguela, [[Sancho III de Castela|Sancho III]] eran irmáns) e de [[Leonor Plantagenet]]. A voda celebrouse con grande esplendor na igrexa de Santa María de [[Valladolid]]. Para Berenguela foi o seu segundo matrimonio, aínda que o primeiro non se consumara.<ref name=CASTILE/> (Berenguela casara en [[1188]] con [[Conrado II de Suabia]], fillo do [[emperador]] do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]] [[Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Federico Barbarroxa]], pero, pola pouca idade da princesa, o matrimonio non se consumara e, ademais, en [[1196]], Berenguela quedou viúva antes de podelo consumar).
 
Como resultado desta unión, as relacións entre [[Reino de León|León]] e [[Reino de Castela|Castela]] melloraron até tal punto que, xunto co [[rei de Aragón]], [[Pedro II de Aragón|Pedro II]], Afonso VIII de León e Alfonso VIII de Castela fixeron unha alianza e, en [[1200]], aproveitando o feito de que o [[rei de Navarra]], [[Sancho VII de Navarra|Sancho VII]] estaba loitando en [[Murcia]], [[Andalucía]] e o [[África do Norte|norte de África]], aliado cos [[almohades]], para atacalo e separar de [[Navarra]] os territorios de [[Áraba]] e [[Guipúscoa]], en beneficio de Castela.