Eugène Viollet-le-Duc: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Poño modelo Biografía
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
}}
 
'''Eugène-Emmanuel Viollet-le-Duc''' nado en [[París]] o [[27 de xaneiro]] de [[1814]] e falecido en [[Lausana]] o [[17 de setembro]] de [[1879]], foi un [[Arquitectura|arquitecto]], [[Arqueoloxía|arqueólogo]] e escritor [[Francia|francés]]. Defendeu o uso dunha metodoloxía racional no estudo dos estilos do pasado, contraposta ó historicismo romántico. As súas teorías exerceron unha grangrande influencia en artistas posteriores, como [[Hector Guimard|Guimard]], [[Antonio Gaudí|Gaudí]], [[Victor Horta|Horta]] ou [[Josep Vilaseca i Casanovas|Vilaseca]].
 
== Traxectoria ==
Nacido no seo dunha familia da alta [[burguesía]], dende moi novo interesouse pola Arquitectura da [[Idade Media]] e aínda que foi discípulo de [[AquilesAchille Leclère]], rexeitou ingresar na escola de Belas Artes para converterse en autodidacta recorrendopercorrendo Francia e [[Italia]].
 
== Teoría da restauración ==
Na súa teoría defende que o [[conservador-restaurador|restaurador]] debe poñerse no lugar do arquitecto-creador primitivo, entendendo o espírito da obra e aplicalo á reconstrución da mesma. Trata de volver ó edificio a súa forma orixinal (''forma prístina''), ou como el entende que debeu ser, posto que afirma que a partir das partes que aínda existen é posible reconstruír o total, por pura coherencia do estilo.
 
AAs súas intervencións sobre diversos monumentos franceses caracterizáronse sempre pola primacía do estilo [[arquitectura gótica|gótico]], considerado por Viollet superior dende o punto de vista técnico e estético.
 
A chamada ''unidade de estilo'' buscaba resaltar os aspectos medievais do edificio tratado, isto obrigaba a eliminar ou alterar os elementos "inferiores" ou secundarios engadidos con posterioridade nos momentos [[Renacemento|renacentista]], [[barroco]] ou [[Neoclasicismo|neoclásico]]. En certas ocasións as intervencións de Viollet provocaron a desaparición de interesantes engadidos de gran calidade e valor histórico artístico, causando a ruptura do proceso vital da obra artística.