Escepticismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
===Escepticismo Filosófico===
Hai varias escolas de pensamento que se poden encadrar como escépticas, a primeira delas o [[Pirronismo]], fundada por [[Pirro de Elis]] que afirmaba a imposibilidade do coñecemento da natureza das cousas. Despois no período da nova academia platónica anterior ao [[século -I|século I]] adC, do que o mais esgrevio representante é [[Carneades]]
 
===Escepticismo científico===
Actualmente un escéptico científico é alguén que non acepta certo tipo de afirmacións sen sometelas a unha investigación sistemática e científica. Seguindo a máxima de [[David Hume]] ''"Afirmacións extraordinarias requiren evidencias extraordinarias"'', este proceso aplica rigorosamente o [[método científico]] e require que as teorías sexan [[falsacionismo|falsábeis]], é dicir, que se poidan contrastar para a súa aceptación ou refutación.
 
Algúns temas cuestionados polos escépticos científicos son as chamadas [[pseudociencia|pseudociencias]] (talles como a [[homeopatía]] e a [[criptozooloxía]]), a plausibilidade do [[sobrenatural]] ([[pantasma|pantasmas]], [[poltergeist|poltergeists]], [[anxos]], [[deuses]]); crenzas como o [[Reiki]], a existencia de [[telequinese]], [[videncia]], [[telepatía]]; ou temas como o [[Bigfoot]], o [[monstro do lago Ness]], [[ovni]]s, os [[círculos das colleitas]], a [[astroloxía]], o [[creacionismo]], a [[radioestesia]], as [[teorías da conspiración]] e outras afirmacións cuxa veracidade os escépticos ven improbábel en termos científicos.
 
Como resposta ao escepticismo científico, desde ámbitos [[pseudociencia|pseudocientíficos]] e [[esoterismo|esotéricos]] acuñouse o termo [[pseudoescepticismo]] para referirse ao escepticismo, alegando que negan sen achegar probas e por considerar o termo pseudociencia como pexorativo. Con todo, a pesar de que a carga da proba non debería caer sobre o escéptico, cando estes presentaron obxeccións fundadas creáronse ''[[ad hoc]]'' novas hipóteses non demostradas, como son a [[memoria da auga]] para explicar as disolucións diluídas no caso da [[homeopatía]] ou as [[Teoría conspirativa|teorías da conspiración]] para explicar a falta de confirmación dos gobernos no caso da [[ufoloxía]].
 
===Relixión===