Irish National Liberation Army: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-íu. > -iu. (sen hiato previo).
Liña 23:
Os fundadores do INLA foron [[Seamus Costello]] e outros activistas que deixaran ou foran expulsados do [[Official Irish Republican Army|IRA Oficial]] durante o [[alto o fogo]] do OIRA de [[1972]] e a postura cada vez máis reformista que estaba a tomar o [[Official Sinn Féin]]. Costello adoptou unha postura que mesturaba o [[republicanismo]] tradicional con posturas [[marxismo|marxistas]]. Pouco despois de ser creado, o INLA foi atacado polos seus antigos compañeiros do OIRA, que tentaban destruír o grupo antes de que puidese medrar.
 
O [[20 de febreiro]] de [[1975]], [[Hugh Ferguson]], membro do INLA e cargo do [[IRSP]], foi o primeiro membro en ser asasinado. Unha das primeiras operacións militares do INLA foi o atentado contra o xefe do OIRA [[Seán Garland]] en [[Dublín]] o [[1 de maio]]. Aínda que recibíurecibiu seis disparos, sobrevivíusobreviviu. Logo de varios atentados acordouse unha tregua, pero ao pouco comezaron de novo as loitas. A vítima máis importante da reanudada loita foi [[Billy McMillen]], comandante do OIRA en Belfast, asasinado polo membro do INLA Gerard Steenson. O seu asasinato non fora autorizado pola dirección e foi condenado por Seamus Costello<ref>''The Lost Revolution: The Story of the Official IRA and the Workers' Party'', Brian Hanley and Scott Millar, Penguin Books, ISBN 1844881202 pp. 296–297</ref>. Isto foi seguido por varios asasinatos máis por parte dos dous bandos, nos que foi morto [[Seamus Costello]], asasinado en [[Dublín]] o [[6 de outubro]] de [[1977]].
 
==Vítimas==