Punto cardinal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
m →‎Puntos colaterais: engadida a forma galega nas abreviaturas que faltaban.
Liña 7:
A palabra cardinal derívase do nome latino «''cardo''», que identificaba, nas cidades romanas, á rúa trazada de norte a sur e que pasaba polo centro da cidade. Isto significa que o único punto verdadeiramente cardinal, polo menos desde o punto de vista etimolóxico, debería ser o norte e en menor grao, o sur. Por iso úsase a expresión «dunha importancia cardinal» cando se quere resaltar esa importancia. Dos puntos cardinais, é o norte o que identifica a dirección da orientación polo que adoita dicirse en sentido figurado que unha persoa perdeu o seu norte cando se atopa desorientada ou perdeu o seu rumbo. Con todo, esta idea resulta case paradoxal, no sentido de que para orientarse, as persoas adoitan situar primeiro o leste ou o oeste ou o sur no hemisferio norte en horas do mediodía, mentres que o norte non resulta tan evidente (salvo no hemisferio sur tamén en horas do mediodía). De feito, o leste tamén recibe o nome de Oriente porque a saída do sol polo leste serviu tradicionalmente para orientarnos nun lugar determinado.
 
Coñécense tamén os puntos cardinais como as catro direccións ou puntos principais da [[Compás (navegación)|compás]], polas súas iniciais en inglés, '''N''' (norte), '''S''' (sur), '''E''' ou '''L''' (''east'') e '''W''' ou '''O''' (''west'').
 
Os nomes dos puntos cardinais son de orixe xermánico (Nordri = norte, Sudri = sur, Austri = leste e Vestri = oeste; na [[Mitoloxía escandinava]]) e incorporáronse nunha época relativamente recente á lingua galega e ao resto das linguas derivadas do [[latín]]. Antes, os nomes dos puntos cardinais eran, en galego:
Liña 19:
 
==Puntos colaterais==
* Nordés ou nordeste, iniciais '''NL''' ou '''NE'''.
* Sueste, iniciais '''SL''' ou '''SE'''.
* Suroeste, iniciais '''SO''' ou '''SW'''.
* Noroeste, iniciais '''NO''' ou '''NW'''.