Poética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Como disciplina propia do discurso literario, a poética ten un obxecto propio, a literatura, á cal diferenciará formalmente doutro tipo de discursos. Isto débese a que a linguaxe da literatura diferénciase das outras linguaxes porque está constituída por un código poético. Non obstante pódese apoiar nas outras ciencias na medida que a linguaxe forme parte do obxecto. Tales como as disciplinas que traten do discurso.
 
A poética, segundo Todorov, definirase necesariamente en dous extremos, dende o moi particular, ó demasiado xeral. Isto implica que unha xeneralización por medio do discurso, non debe ser inflexible, senón que debe aterse á descrición do específico e do singular (31). Isto significa que se debe teorizar máis ca apelar unha metodoloxía estrita. Como ciencia que se está facendo, a poética de Todorov é unha proposta para o estudo do discurso literario, polo tanto, apenas enuncia as bases da poética, para logo entrar nona análise do texto literario.
 
Tamén se designa poética ó estudo dun autor que fai sobre as súas obras.