Diferenzas entre revisións de «Fervenza do Ézaro»

sen resumo de edición
(As fervenzas non están dentro dos límites do ZEC Carnota-Monte Pinto. E iso cítase xa no texto.)
Sem resumo de edição
{{Coordenadas|42|54|46|N|09|06|59|W|display=title}}
{{Formato de referencias}}
 
[[Ficheiro:FervenzaXallas.png|dereita|miniatura|300px|Fervenza do Xallas.]]
[[Ficheiro:Fervenza do xallas.jpg|dereita|miniatura|300px|Fervenza do río Xallas en Ézaro.]]
 
'''O Cadoiro''' ou '''fervenza do Ézaro''' é unha [[fervenza]] que forma o '''[[río Xallas]]''' na súa desembocadura ao mar na enseada do Ézaro en [[O Ézaro, Dumbría|Santa Uxía do Ézaro]], unha parroquia do concello de [[Dumbría]]. É a única fervenza en Europa que desemboca directamente no [[Océano Atlántico|océano]]. Dende 2012 a fervenza pode verse todos os días do ano.
 
== Paisaxe e ecoloxía ==
[[Ficheiro:Ezaro - 01 - Fervenza-Cascada-Waterfall.jpg|dereita|miniatura|350px300px|Panorámica da fervenza.]]
 
A zona ten unha [[paisaxe]] impoñente de gran valor [[Ecoloxía|ecolóxico]]. A fervenza está rodeada de espectaculares microformas graníticas que forma o [[monte Pindo]], coma a Pedra do Brazal, un milagre de equilibrio natural. A existencia de paraxes cun gran valor ecolóxico coma a área de Vilafernández, salientan pola súa flora e fauna autóctona. Nos arredores da fervenza atopamos especies botánicas únicas en Galicia coma o [[carballo anano]] (''Quercus lusitanica''), unha herba hidrófila chamada ''[[Isoetes longissimum]]'' que ocupa os ríos con augas ben osixenadas, ou a escasa herba carnívora ''[[Drosera anglica]]''. Polo xeral a vexetación é típica de matogueira con [[Ulex|toxos]], [[Erica (xénero)|uces]] e [[queiroa]]s, e con [[Piñeiro bravo|piñeiros]] e [[Carballo común|carballos]] principalmente coma estrato arbóreo.
 
== Aproveitamento da fervenza ==
[[Ficheiro:Rio Xallas-Ezaro 080.jpg|dereita|miniatura|250px|Fervenza do Xallas.]]
 
O caudal do Xallas mantense constante por causa dos numerosos [[encoro]]s que nel se teñen construído. En [[1897]], a Sociedade Española de [[carburo metálico|Carburos Metálicos]], hoxe parte do grupo [[FerroAtlántica]], asentouse na zona e daquela datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década dos anos 60 do [[século XX]]. En [[Ponte Olveira]] hai outra central. Máis abaixo, da presa de [[Brazal]] parten as canalizacións cara Ézaro; máis abaixo, atópase o [[encoro de Santa Uxía]], construído na década dos anos 80. Na súa desembocadura están situadas tres [[central hidroeléctrica|centrais hidroeléctricas]]: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.
 
== Etnoloxía ==
[[Ficheiro:Carnota - Monte Pindo (A Coruña, Galicia, España) 02 - Cascada del Ézaro.JPG|miniatura|dereita|250px|Fervenza do Ézaro.]]
Aínda que en [[Escocia]] e nos [[fiorde]]s nórdicos existen regueiros que desembocan no mar, é o [[Río Xallas|Xallas]] o único río de envergadura en Europa que desemboca deste xeito no océano. Por isto, a fervenza do río Ézaro vese chea de lendarias historias: desamores de princesas, poderes sobrenaturais, encantamentos, ritos etc. Dise que tras das súas augas existe unha porta máxica gardada por [[bruxa]]s que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.{{Cómpre referencia}}
 
== Turismo ==
 
== Notas ==
{{listaref|12}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Ezaro Waterfall}}
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Ezaro Waterfall}}
* [http://www.montepindo.org/ Asociación Monte Pindo]
* [http://www.dumbria.com/ Web do Concello de Dumbría]
 
{{Control de autoridades}}
212.059

edicións