Incendio forestal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Os incendios en Galiza: Serra do Courel
Liña 53:
 
* [[1989]]: Nos 8.243 incendios declarados en Galiza nese ano arderon 205.392 hectáreas (93.116 delas de masa arborada). Estimáronse unhas perdas duns 15.000 millóns de [[peseta]]s (90 M €). Foron detidos 30 incendiarios.
* [[1995]]: No mes de abril, entre o xoves e o sábado [[Semana Santa|santo]], Galiza viuse afectada en só tres días por uns 600 incendios forestais, cun saldo de 2.000 hectáreas queimadas. Foron detidos catro incendiarios. Ese mesmo ano, entre o 25 e o [[30 de agosto]], rexistráronse máis dun milleiro de sinistros. O [[26 de agosto]] contabilizáronse 280 [[foco (incendio)|focos]] diferentes. O [[29 de agosto]], nos arredores de [[Pontevedra]], ardían os montes en 20 puntos diferentes. O lume tamén afectaba a comarca de [[Santiago de Compostela|Santiago]], [[península do Morrazo|O Morrazo]], o [[Dunas de Corrubedo|Parque de Corrubedo]] ou [[Vimianzo]] e as labaradas rodearon [[Serra do Courel|O Courel]]. O [[30 de agosto]], 350 incendios mantiñan ocupados os servizos de extinción, onde loitaban 4.000 persoas. O fornezo de [[enerxía eléctrica|enerxía]] de [[Pontevedra]] quedou cortado durante varias horas, ao igual ca algunhas estradas e liñas telefónicas. Foron desaloxadas vivendas na [[A Coruña|Coruña]] e arderon casas no concello da [[A Merca|Merca]]. O balance, unha vez terminada a vaga incendiaria, foi de 4.289 focos de lume, 46.669 hectáreas e 49 detencións.
* [[2000]]: As intensas choivas de xullo retardaron ese ano a vaga de incendios ata a primeira quincena de setembro. As provincias [[Provincia de Lugo|Lugo]] e [[Provincia de Ourense|Ourense]] foron as máis afectadas. Dez aldeas de Lugo tiveron que ser desaloxadas o [[17 de setembro]] por un incendio en [[Navia de Suarna]]. Os incendios foron especialmente intensos nos arredores de [[Ourense]]. A principios de agosto o lume queimaba montes de [[Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense|Santa Cruz de Arrabaldo]], [[Quintela, Ourense|Quintela]], [[Reza, Ourense|Reza]], [[Velle, Ourense|Velle]] e [[Os Peares]]. Ata setembro arderan 30.000 hectáreas e ao final do ano 45.952 ha.
* [[2006]]. {{Artigo principal|Vaga de incendios forestais de 2006}})