Música alternativa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''música alternativa''' é un termo que engloba a todos os tipos de [[música]] que se afastan da tendencia dominante ou dos modelos oficiais comunmente aceptados.<ref>[https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/alternativo ''Definición de "alternativo"''], no dicionario da [[Real Academia Galega|RAG]].</ref> Este tipo de música non conta con trazos diferenciadores que a convertan nun estilo musical único e recoñeocíbel, senón que agrupa un amplo número de xéneros musicais que se afastan da [[Mainstream|música comercial]] ou industrial e que teñen cada un as súas características propias.<ref>{{Cita web |url=http://www.amazings.com/articulos/lamna.html |título=¿Qué son las Músicas Alternativas? |nome= Jorge |apelidos= Munnshe |editor=Amazings |lingua=es |dataacceso= }}</ref>
 
Este termo abrangue un gran número de subxéneros, entre os que destacan o [[rock alternativo]], o [[grunge]], o [[Indie rock|indie]], a [[world music]], a [[New Wave]] ou a [[música folk]], [[Rap]] alternativo, entre outros. Non entanto, os artistas representativos da música alternativa non sempre se encadran dentro do mesmo subxénero, senón que cada unha das súas composicións pode corresponder a un tipo distinto de música alternativa.
 
A principal matización que realizan, tanto o público como os críticos, ao uso desta denominación é que o alternativo, en canto é asumido polo sistema, convértese nun produto de masas, polo que deixa de oporse ao comercial e por iso deixa de ser alternativo.