Diferenzas entre revisións de «Virus de ARN»

sen resumo de edición
m (→‎top: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web)
 
=== Virus de ARN bicatenario (dsRNA) ===
Os virus de ARN bicatenario son un grupo moi diverso de virus que varían amplamente no seu rango de hóspedes aos que infectan (humanos, outros animais, plantas, [[Fungo (bioloxía)|fungos]], e [[bacteria]]s), número de segmentos xenómicos que posúen (de un a doce), e organización do [[virión]] (número T ou de triangulación, capas da [[cápsidacápside]], ou torretas). Membros deste grupo son os [[rotavirus]], que producen en todo o mundo [[gastroenterite]] en nenos pequenos, os [[picobirnavirus]], que son os virus que se atopan con máis frecuencia en mostras fecais humanas e doutros animais con ou sen signos de [[diarrea]]. Os [[picobirnavirus]] foron atopados recentemente tamén en mostras do tracto respiratorio de porcos. O [[virus da lingua azul]],<ref name=sobrino7>{{Cita libro |chapterurl=http://www.horizonpress.com/avir|author=Roy P|year=2008|chapter=Molecular Dissection of Bluetongue Virus|title=Animal Viruses: Molecular Biology|publisher=Caister Academic Press|id=[http://www.horizonpress.com/avir isbn=978-1-904455-22-6]}}</ref><ref name=roy2>{{Cita libro |chapterurl=http://www.horizonpress.com/rnav|author=Roy P|year=2008|chapter=Structure and Function of Bluetongue Virus and its Proteins|title=Segmented Double-stranded RNA Viruses: Structure and Molecular Biology|publisher=Caister Academic Press|id=[http://www.horizonpress.com/rnav isbn=978-1-904455-21-9]}}</ref> é un patóxeno economicamente importante do gando vacún e ovino. Nos últimos anos fíxose un importante progreso na determinación, a nivel atómico e subatómico, das estruturas dun número chave de de proteínas virais e das cápsides dos virións de varios virus de ARN de dobre cadea, o que salientou os significativos paralelismos en estrutura e procesos replicativos de moitos destes virus.<ref name=Pattonrnav>{{Cita libro | author = Patton JT (editor). | title = Segmented Double-stranded RNA Viruses: Structure and Molecular Biology | publisher = Caister Academic Press | year = 2008 | url=http://www.horizonpress.com/rnav | id = [http://www.horizonpress.com/rnav isbn = 978-1-904455-21-9]}}</ref>
 
=== Taxas de mutación ===
* [[Virus de ARN bicatenario]] (Grupo III), que conteñen desde unha a unha ducia de moléculas diferentes de ARN, cada unha das cales codifica unha ou máis proteínas virais.
* [[Virus de ARN monocatenario de sentido positivo]] (Grupo IV), que utilizan o seu xenoma directamente como ARNm, o cal é traducido polos [[ribosoma]]s do hóspede nunha soa proteína que é modificada polo hóspede e por proteínas virais para formar as diversas proteínas que cómpren para a replicación do virus. Unha delas é a [[ARN polimerase ARN-dependente]] (ou ARN replicase), que copia o ARN viral para formar unha forma replicativa de dobre cadea, que á súa vez dirixe a formación de novos virións.
* [[Virus de ARN monocatenario de sentido negativo]] (Grupo V), que deben copiar o seu xenoma utilizando unha [[ARN polimerase ARN-dependente]] para formar ARN de sentido positivo. Isto significa que o virus debe levar con el este [[encima]] ARN replicase. A molécula de ARN de sentido positivo actúa despois como ARNm viral, que é traducido a proteínas polos ribosomas do hóspede. As proteínas resultantes pasan a dirixir a síntese de novos virións, como as proteínas da [[cápsidacápside]] e a ARN replicase, que se usa para producir novas moléculas de ARN de sentido negativo.
 
Os [[retrovirus]] (Grupo VI) teñen un xenoma de ARN monocatenario pero non se consideran xeralmente dentro do grupo dos virus de ARN porque utilizan intermediatos de ADN para replicarse. O encima viral [[reversotranscritase]], que se encontra no interior do virus e se libera cando este se decapsida, converte o ARN viral nunha fibra [[complementariedade (bioloxía molecular)|complementaria]] de ADN, que despois se copia para producir a cadea [[complementariedade (bioloxía molecular)|complementaria]] orixinando unha molécula de ADN viral bicatenario. Despois este ADN intégrase nun cromosoma do hóspede utilizando o encima viral [[integrase]]. A expresión dos xenes codificados nese ADN integrado pode dar lugar á formación de novos virións.
185.365

edicións