Cholet Basket: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 25:
O baloncesto chega á cidade de Cholet en 1928 coa creación da sección de baloncesto do club deportivo Jeune France por Jean Leroux. Coa ambición de chegar á [[Ligue Nationale de Basketball|Nationale 1]], máxima categoría do baloncesto francés, os dirixentes da sección de baloncesto deciden abandonar o Jeune France e fundar en 1975 o Cholet Basket baixo a presidencia de Michel Léger. O club consegue o seu obxectivo en tan só doce anos, debutando na primeira división na temporada 1987−88. O equipo consegue manterse na cateogría e aos poucos comeza a finalizar normalmente entre os dez primeiros clasificados. En 1999 o club gaña o seu primeiro título, a [[Copa de baloncesto de Francia|Copa de Francia]], conseguindo ademais clasificarse para xogar na [[Euroliga]]. Na máxima competición continental finalizou cun balance de tres vitorias e trece derrotas.
 
O club sempre destacou polo seu sistema de formación de novos xogadores. De feito, na temporada 2004−05, dos doce xogadores do equipo profesional, até dez viñan das categorías de formación do club. Algún exemplo destes xogadores son Antoine Rigaudeau, Jim Bilba ou Mickaël Gelabale. Na temporada 2008−09 o Cholet estivo a piques de gañar o seu primeiro título continental, mais perde na final do EuroChallenge (75–77) ante a [[Virtus Bologna]].<ref>{{cita web|url=https://bologna.repubblica.it/dettaglio/langford-incorona-la-virtus:-e-trionfo-in-eurochallenge/1623944|título=Langford incorona la Virtus: è trionfo in Eurochallenge|lingua=italiano|data=26 de abril de 2009|autor=Intorcia, Francesco Saverio}}</ref> Porén, a decepción durou pouco, xa que no ano 2010 o equipo consegue gañar o seu primeiro título de [[LNB Pro A|Liga]] após acabar no primeiro lugar da clasificación e vencer na final dos play-offs polo título ao [[Le Mans Sarthe Basket|Le Mans]]. Grazas ao título o equipo volve a xogar a Euroliga para a temporada 2010–11, aínda que caen eliminados na primeira rolda con catro vitorias e seis derrotas. Destaca a súa vitoria por 82−78 ao [[Fenerbahçe Ülker]], nesa altura invictos na competición. Na competición doméstica o equipo volve a ocupar o primeiro posto na liga, mais non consegue gañar ao título ao perder na final dos play-offs ante o [[SLUC Nancy]]. Despois de perder nas semifinais na temporada seguinte, o Cholet deixa de ocupar os primeiros postos da liga, converténdose nun equipo da zona da clasificación.
 
=== Ano a ano ===