Taxiquistán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 7 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 569:
O Taxiquistán conta cunha estimación de 30.000 quilómetros de estradas, das que a grande maioría foron construídas antes de [[1991]]. Unha artería principal percorre de norte a sur a través das montañas entre a cidade de [[Ghuxand]] (Xushand), no noroeste, e Dushanbe. Unha segunda arteria vai ao leste dende Dushanbe a [[Ghorog]] (Xorogh) na [[Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso]] e logo ao nordés a través das montañas á cidade de [[Ox]] (Oş) en [[Quirguicia]]. Debido a que a ruta Ghuxand–Dushanbe estaba pechada en inverno, construíuse o túnel de Anzob para evitar o paso de montaña e abrir así unha ruta que conecte [[Tashquent|Taxquent]] (Taşkent) (Uzbequistán) e puntos do norte con [[Afganistán]] e [[Paquistán]] ao sur, vía Taxiquistán.
 
A China investiu aproximadamente 720 millóns de dólares en melloras de infraestruturas no Taxiquistán, incluíndo a reconstrución, ensanche e mellora da estrada entre Dushanbé e Ghuxand que dende agosto de 2007 está a usar equipamento chinés para os traballos de reconstrución.<ref>[http://www.eurasianet.org/departments/insight/articles/eav080107a.shtml] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080820061633/http://www.eurasianet.org/departments/insight/articles/eav080107a.shtml |date=20 de agosto de 2008 }} TAJIKISTAN: A CHINESE ROAD TO THE FUTURE? ; EURASIANET. (último acceso 20-08-2008)</ref>
 
A mediados do 2005 comezou a construción dunha ponte sobre o [[río Panxe]] (Panj) ata [[Afganistán]] a cal foi finaciada polos [[Estados Unidos de America]] abríndose a ponte en agosto de 2007<ref name="Tajikistan">CIA World Factbook. [https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/ti.html Tajikistan]</ref>, e pídense proxectos para a construción de varias pontes que unan o Taxiquistán co sur.<ref>[https://web.archive.org/web/20050226190634/http://lcweb2.loc.gov/frd/cs/profiles/Tajikistan.pdf Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division] (xaneiro 2007). ''Este artigo incorpora textos desta fonte que é de [[dominio público]].''</ref>