Erecteion: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m engado modelo e referencia
Liña 1:
{{Coordenadas|37|58|20|N|23|43|35|E|display=title}}
{{Monumento
| nome = Erecteion
| nome local = Ἐρέχθειον
| imaxe = Erectéion (2039099189).jpg
| imaxe_tamaño = 300px
| pé = Erecteion, vista do conxunto
|tipo = [[Templo grego]]
|estilo = [[Arquitectura clásica]]
| altura =
| arquitecto = [[Mnesicles]], [[Calícrates]] ou [[Filocles]]
| enxeñeiro estrutural=
| contratista =
| promotora =
| declaración = [[Patrimonio da Humanidade]]
| dono= [[Goberno de Grecia]]
| uso =
| sistema estrutural = [[pedra]]
| nome inicial=
| inicio = 421—406 a. C.
| término =
| localización = [[Atenas]], {{GRC}}
| remodelación =
| número de plantas =
}}
 
 
[[Ficheiro:Erechtheum SW-650px.jpg|miniatura|300px|dereita|O Erecteion dende o suroeste]]
[[Ficheiro:grece_athenes_erechtheion.jpg|miniatura|300px|dereita|Erecteion, vista do conxunto]]
O '''Erecteion''' (en [[Lingua grega|grego]]: Έρέχθειον '''Erechtheion''') é un [[templo grego]] erixido no lado norte da [[Acrópole de Atenas]] na honra aos deuses [[Atenea]] ''Poliás'', [[Poseidón]] e [[Erecteo]], rei mítico da cidade. De [[orde xónica]], [[áptero]], é un dos máis belos monumentos arquitectónicos gregos. A súa construción atribúese ao arquitecto [[Mnesicles]], autor tamén dos [[Propileos]]. O Erecteion está feito de mármore pentélico. A súa construción iniciouse no [[-421]] e rematouse no [[-406]]. O seu nome, que significa «o que sacode a Terra », designa o alcume [[Ática|ático]] de Poseidón.
 
O Erecteion substituíu ao templo arcaico de Atenea Poliás que se atopaba entre o [[Partenón]] e o emprazamento actual, que fora destruído polos [[imperio persa|persas]] no [[-480]] no tempo das [[guerras médicas]].
 
De planta irregular, polo declive do terreo, consta de tres pórticos. Un deles, a cara sur, é a famosa tribuna das [[Cariátide]]s, que indicaba a tumba do mítico rei [[Cécrope I|Cécrope]]. Consta de seis [[Columna (arquitectura)|columnas]] con figura de muller de 2,3 metros de altura, que sosteñen o [[entaboamento]]. As que se atopan ''in situ'' son copias exactas das orixinais, das que 5 se atopan no [[Museo da Acrópole]], e a sexta no [[Museo Británico]] de [[Londres]]. A tribuna contaba con decoración policromada.
 
O templo atópase no emprazamento da Acrópole primitiva e agrupaba algunhas das reliquias máis antigas e máis sacras dos atenienses; é neste lugar onde tivo lugar a disputa entre [[Atenea]] e [[Poseidón]], podéndose ver a marca do seu tridente sobre unha rocha. Áchase alí tamén o Paladio, unha estatua de Atenea, consagrada por Cécrope, o rei mítico do [[Ática]], e onde se cre que ela caera do ceo; as tumbas de Cécrope e de [[Erecteo]]; no sur, unha capela dedicada a [[Pándroso]], a filla de Cécrope; un pozo de auga salgada e a oliveira sacra, que Atenea deu á poboación trala súa disputa con Poseidón.
Áchase alí tamén o [[Paladio (mitoloxía)|Paladio]], unha estatua de Atenea, consagrada por Cécrope, o rei mítico do [[Ática]], e onde se cre que ela caera do ceo; as tumbas de Cécrope e de [[Erecteo]]; unha capela dedicada a [[Pándroso]], a filla de Cécrope; un pozo de auga salgada e a oliveira sacra, que Atenea deu á poboación trala súa disputa con Poseidón.
 
== Arquitectura ==
[[Ficheiro:grece_athenes_erechtheion2.jpg|miniatura|esquerda|200px|Erecteion, detalle]]
 
[[Pericles]], nos seus plans de acondicionamento da Acrópole e despois do [[Partenón]], para render homenaxe á tradición, decidiu a construción dun edificio novo destinado a reagrupar as antigas reliquias dos fundadores míticos da cidade e a lembrar as divindades que desputaron para conseguir o seu padroado.<ref>Lefèvre (1876), pp. 87-88</ref>
 
O arquitecto foi se cadra [[Filocles]],<ref>Alonso (2005), p. 64</ref> quen conseguiu conciliar nun único edificio as necesidades dos diversos ritos, así como os problemas impostos por un terreo irregular, que a tradición non permitía nivelar; é máis, xustamente xogando con tales irregularidades, realizou unha das construcións máis orixinais da arte clásica. O templo está construído sobre unha pendente, de xeito que os lados norte e oeste atópanse ao redor de 3 metros máis baixos que os lados sur e leste.
 
Outras fontes citan a [[Calícrates]] ou [[Mnesicles]] como autores do proxecto. Mais os gustos evolucionaran e a armadura moral da cidade cambiou chegando o triunfo da [[orde xónica]]. A necesidade de preservar os sitios sacros, explica probablemente a complexidade da concepción.
Liña 49 ⟶ 74:
 
{{Acrópole de Atenas}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
 
* {{Cita libro|título=Introducción a la historia de la arquitectura: de los orígenes al siglo XXI|apelidos=Alonso Pereira|nome=José Antonio|editorial=Ed. Reverté|ano=2005|ISBN=84-291-2108-0|lugar=Barcelona|ref=}}
* {{Cita libro|título=Las maravillas de la arquitectura|apelidos=Lefèvre|nome=André|editorial=Libreria de L. Hacchette y cía|ano=1967|ISBN=|outros=(traducido por M. Soriano Fuertes)|lugar=París|ref=}}
 
=== Outros artigos ===
 
* [[Acrópole de Atenas]]
* [[Partenón]]
 
== Ligazóns externas ==