Duisburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-íu. > -iu. (sen hiato).
Liña 69:
Dada a importancia industrial da cidade, con industrias químicas e siderúrxicas, durante a Segunda Guerra Mundial, Duisburgo foi considerada polos aliados como un dos obxectivos principais. A cidade, ao longo dos anos do conflito, foi bombardeada con intensidade, de xeito que algúns historiadores coidan que foi a localidade xermana máis castigada polos bombardeos, e non só os centros industriais foron atacados, senón que tamén as zonas residenciais foron albo de bombas incendiarias.
 
Entre o 13 e o [[14 de maio]] de [[1943]] un ataque con 577 avións de bombardeo, deitou sobre a cidade cerca de 1.600 tm de bombas, destruíu a cidade vella e deixou sen vivenda a unhas 96.000 persoas. No [[22 de maio]] de [[1944]] foron botadas sobre Duisburgo unhas 2.000 tm de bombas. O [[14 de outubro]] de [[1944]], a cidade recibíurecibiu 2.018 tm de bombas, pero o ataque desa mesma noite foi aínda máis intenso: durou 14 horas e deixáronse caer unhas 9.000 tm de bombas e explosivos incendiarios. Os ataques continuaron durante o resto do ano 1944. Durante os últimos meses da guerra, en 1945, a cidade foi submetida tamén a intensos ataques de artillaría. Por fin o 12 de abril de 1945, as tropas norteamericanas entraron na cidade. Os servizos de enxeñaría do seu exército construíron unha ponte lixeira para o ferrocarril sobre o río Rin en menos de sete días.
 
Despois da guerra a cidade tivo que ser reconstruída por enteiro, mais a maioría dos lugares históricos perdéronse. En [[1983]] Duisburgo celebrou o seu 1100 aniversario.
 
=== Século XXI ===
O [[19 de xullo]] de [[2004]] a cidade sufríusufriu o paso dun tornado. O teatro municipal e partes do centro urbano resultaron danados. En [[2005]] acolleu os Xogos Mundiais e volverá a acollelos en [[2013]].
 
== Cultura ==
Liña 80:
Duisburgo acolle un extenso rango de acontecementos culturais ao longo do ano. Xunto con [[Düsseldorf]], en Duisburgo reside a [[Ópera Alemá do Rin]] (Deutsche Oper am Rhein), unha das maiores compañías operísticas de Alemaña. A [[Orquestra Filharmónica de Duisburgo]] é unha das orquestras alemás de maior prestixio internacional.
 
GraciasGrazas aá súa historia e ao seu pulo industrial e comercial, Duisburgo ofrece unha boa variedade de lugares arquitectónicos de interese, aínda que haxa que lamentar as irreparabeles perdas causadas polos bombardeos da última guerra mundial. Hai un amplo abano onde escoller, desde igrexas como a de San Xoán Bautista en Duisburg-Hamborn, que data do ano 900, até edificios modernos como o Micro-Electronic-Centrum en Duisburg-Neudorf, construído en 1995.
 
Outro sitio de interese é o [[Landschaftspark Duisburg-Nord]], un complexo industrial abandonado e aberto logo ao público, un lugar emblemático do ERIH, ou [[European Route of Industrial Heritage]] (Ruta Europea da Herdanza Industrial).