Novela policial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
mercede, ou máis recomendable mercé, carece dese uso (DRAG, digalego). Non é sinónimo de grazas, éo de graza, don ou mesmo nalgúns casos de favor.
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Historia ==
Se ben o xénero ten moi antigos precedentes (como os contos hebreos tradicionais sobre a sagacidade do [[profeta]] [[Daniel (profeta)|Daniel]] incorporados á [[Biblia]] no ''[[Libro de Daniel]]'', ou a traxedia de [[Sófocles]] ''[[Edipo Rei]]'', ou a [[novela picaresca]], ou a biografía de criminais, ou os libros de ''causas célebres''). O xénero é fundamentalmente tan moderno como a mesma literatura de [[ciencia-ficción]], e tense desenvolvido durante os séculos XIX e XX. Nos seus inicios foi cualificado como "literatura barata" ou "subliteratura" porque o crime era de por si un tema antiestético e non había fondo moral nin artístico.
 
Pode dicirse que o creador da novela policial é o [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[Edgar Allan Poe]], cos seus contos ''[[The Murders in the Rue Morgue]]'' (1841), ''[[The Mystery of Marie Rogêt]]'' (1842), ''[[The Purloined Letter]]'' (1844) e ''[[The Gold-Bug]]'' (1843). Os tres primeiros foron protagonizadas por [[Auguste Dupin]], o primeiro detective de ficción, que serviu de modelo a un dos personaxes arquetípicos do xénero, o detective [[Sherlock Holmes]] de [[Arthur Conan Doyle]]. Este, xunto a [[Agatha Christie]] e outros autores, levaron ó xénero á súa madurez formando a chamada escola inglesa de novela policial, caracterizada por un desenvolvemento case matemático da trama, centrada na resolución do enigma a través de pistas e pezas que deben encaixarse, fórmula intelectualizada e psicolóxica nos seus mellores momentos que é desenvolta case sempre en espazos interiores e en estratos sociais de clase alta.