Tratado de paz de Moscova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:1940 mediante HotCat
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-íu. > -iu. (sen hiato).
Liña 4:
 
== Antecedentes ==
O goberno finésfinlandés recibíurecibiu o primeiro intento dunhas condicións de paz da [[Unión Soviética]] (a través de [[Estocolmo]]) o [[31 de xaneiro]]. Ata entón, o [[Exército Vermello]] loitara para ocupar toda [[Finlandia]]. Nese momento, o réxime estaba preparado para moderar as súas demandas. Estas eran que Finlandia cedese o [[istmo de Carelia]], incluída a cidade de [[Viipuri]], e a ribeira finesa do [[lago Ladoga]]. A [[península de Hanko]] sería arrendada á Unión Soviética durante 30 anos.
 
Finlandia rexeitou estas demandas e intensificou as súas peticións a [[Suecia]], [[Francia]] e o [[Reino Unido]] de apoio militar con tropas regulares. Aínda que a longo prazo Finlandia non tiña posibilidades contra un país cincuenta veces máis grande, os informes da fronte mantiñan a súa esperanza, anticipando unha intervención da [[Liga de Nacións]]. Sinais positivos, aínda que inconstantes, dende Francia e Reino Unido, e máis reais dende Suecia, coa cal fixera plans e preparativos ao longo dos anos 30, eran boas razóns para que Finlandia non se precipitase coas negociacións de paz.