John MacBride: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-íu > -iu (excepto en hiato).
Liña 3:
 
== Biografía ==
John MacBride naceu en The Quay ([[Westport]]) fillo de Patrick MacBride, un comerciante, e de Honoria Gill, quen o sobrevivíusobreviviu.<ref>{{Cita web |url=http://www.nli.ie/1916/pdf/9.4.pdf |título={title} |data-acceso=19 de xullo de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060519215518/http://www.nli.ie/1916/pdf/9.4.pdf |dataarquivo=19 de maio de 2006 |urlmorta=si }}</ref> Foi educado nos Irmáns Cristiáns de Westport e no [[St. Malachy's College]] de [[Belfast]]. Traballou un tempo nunha tenda en [[Castlerea]] ([[Condado de Roscommon]]). Estudou medicina, mais deixouno para traballar como químico nunha empresa de Dublín.
 
Uniuse á [[Irmandade Republicana Irlandesa]] (IRB) e fíxose amigo de [[Michael Cusack]] nos comezos da [[Asociación Atlética Gaélica]] (GAA). Tamén se uniu á Sociedade Literaria Céltica a través da cal coñeceu a [[Arthur Griffith]], que foi o amigo que máis influíu na súa vida. A principios de [[1893]], MacBride foi considerado un "nacionalista perigoso" polo goberno o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda|británico]]. En [[1896]] marchou aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] como membro da IRB. Cando volveu volveu marchar a [[Suráfrica]].
 
== Segunda Guerra Bóer ==
Tomou parte na [[Segunda Guerra Bóer]] como membro da [[Brigada Irlandesa de Transvaal]], da cal o comandante era o irlandés-americano coronel John Blake, antigo oficial da cabalería dos Estados Unidos.<ref>Jordan Anthony J. 'Boer War to Easter Rising', Westport Books 2006 p.13</ref> A brigada recibíurecibiu recoñecemento oficial do goberno bóer, e os cargos foron asinados polo secretario de estado F.W. Reitz. Recibiu o cargo de maior (equivalente a comandante), así como a cidadanía bóer.
 
Uns 500 irlandeses e irlandeses-americanos loitaron contra os británicos, ás veces contra rexementos formados por irlandeses, como os [[Dublin Fusiliers]] e os Inniskillings. Dende os montes circundantes á vila de [[Ladysmith]] ás chairas do [[Estado Libre de Orange]], a brigada de MacBride enfrontouse aos canóns británicos, loitaron na [[batalla de Colenso]] e máis tarde cubriron a retagarda, hostilizando á cavalería de [[Lord Roberts]] na retirada do exército bóer. Así e todo, tamén moitos irlandeses loitaron cos británicos contra os bóer.