Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-íu > -iu (excepto en hiato).
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-íu > -iu (excepto en hiato).
Liña 80:
 
[[Ficheiro:Edward Thatch alias Zwartbaard (bw).jpg|miniatura|dereita|Ilustración de Barbanegra na versión holandesa de ''General History'']]
Spotswood sabía que William Howard, anterior intendente do ''Queen Anne's Revenge'', estaba pola zona, e crendo que sabería onde se atopaba Teach ordenou que el e os seus dous escravos fosen arrestados. Spotswood non tiña autoridade legal para xulgar ós piratas,{{efn|Os gobernadores coloniais recibían a potestade de xulgar ós piratas fora de Inglaterra de mans do seu monarca, pero esa autoridade remataba ó falecer dito monarca. Spotswood non recibíurecibiu unha nova orde, de mans de [[Xurxo I de Gran Bretaña|Xurxo I]], ata decembro de 1718.<ref>{{Harvnb|Woodard|2007|p=258}}</ref>|group=lower alpha}} e polo tanto o avogado de Howard, John Holloway, presentou cargos en contra do Capitán Brand do [[HMS Lyme (1695)|HMS ''Lyme'']], onde Howard fora encarcerado. Ademais presentou unha denuncia en nome de Howard por danos cun valor de 500&nbsp;£, alegando un arresto improcedente.<ref name="Leepp98101">{{Harvnb|Lee|1974|pp=98–101}}</ref>
 
O consello de Spotswood afirmaba que a presenza de Teach era unha crise e que baixo un estatuto de [[Guillerme III de Inglaterra|Guillerme III]] o gobernador tiña a capacidade de xulgar a Howard sen precisar un xurado. Os cargos facían referencia a varios actos de pirataría presuntamente levados a cabo tralo fin do período de emisión do perdón real, nunha "corveta pertencente ós súbditos do Rei de España", mais ignoraba o feito de que tiveran lugar fora da xurisdición de Spotswood's e nun navío que naquel momento era unha posesión legal. Outro cargo citaba dous ataques, un deles a captura dun navío de escravos preto de Charleston, dos que se cría que proviña un dos escravos. Howard tivo que presentarse nun xuízo perante unha corte do vicealmirantado, baixo cargos de pirataría. Brand e o seu colega, o Capitán Gordon do [[HMS Pearl (1708)|HMS ''Pearl'']] rexeitaron atendelo ao estar Holloway presente.{{efn|Os dous capitáns rexeitaron xa que Holloway estaba involucrado na acción civil.<ref name="Lee104"/>|group=lower-alpha}} Holloway non tivo outra opción que retirarse, e foi substituído polo Avogado Xeral de Virxinia John Clayton, quen Spotswood describiu como "un home máis honesto [que Holloway]".<ref name="Lee104">{{Harvnb|Lee|1974|p=104}}</ref> Howard foi declarado culpable e sentenciado á forca, pero foi salvado por unha orde procedente de Londres, que obrigaba a Spotswood a perdoar tódolos actos de pirataría levados a cabo por piratas que se tivesen entregado antes do 23 de xullo de 1718.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=104–105}}</ref><ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=205–207}}</ref>
Liña 116:
A postura oficial perante os piratas foi en ocasións bastante distinta á mantida polos autores contemporáneos, que adoitaban describilos como "desprezables canallas dos mares". Os corsarios que se convertían en piratas estaban polo xeral considerados unha forza naval de reserva por parte do goberno de [[Inglaterra]], chegando a recibir o seu respaldo en ocasións. No 1581 [[Francis Drake]] foi nomeado cabaleiro por [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]] cando retornou a Inglaterra dunha expedición ao redor do mundo cun botín dun valor estimado de 1&nbsp;500&nbsp;000 £.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=5}}</ref> Os perdóns reais emitíanse de forma regular, habitualmente cando Inglaterra estaba ao bordo dunha guerra, e a opinión pública sobre os piratas adoitaba ser favorable en xeral.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=168}}</ref> O economista [[Peter Leeson]] afirmou que na súa opinión os piratas eran homes de negocios astutos, lonxe da visión romántica moderna que os describe como tiranos asasinos.<ref name="Leeson">{{Cita web| apelidos= Matson | nome= John | título= What Would Blackbeard Do? Why Piracy Pays | url = http://www.scientificamerican.com/article.cfm?id=pirates-rational-choice&page=2 | páxina-web= Scientific American | data = 26 de novembro de 2008 | data-acceso= 20 de febreiro de 2010}}</ref> Trala chegada de Woodes Rogers en 1718 a [[Nova Providencia]] e o remate da [[República de Piratas]], a pirataría nas [[Indias Occidentais]] caeu nun declive terminal. Sen unha saída doadamente accesible para os bens roubados, os piratas víronse reducidos a un modo de vida de subsistencia, e tras case cen anos de guerra naval entre os británicos, franceses e españois, nos que os mariñeiros podían atopar traballo doadamente, os corsarios víronse superados en número polos meirandes navíos empregados polo [[Imperio Británico]] para defender a súa frota mercante. A popularidade do mercado de escravos axudou na fin da condición fronteiriza das Indias Occidentais, e nestas circunstancias a pirataría non conseguiu florecer como fixera anteriormente.<ref>{{Harvnb|Woodbury|1951|pp=201–208}}</ref>
 
Dende a fin da chamada "[[Era dourada da pirataría]]", Teach e as súas conquistas convertéronse en material de coñecemento popular, inspirando varios libros e filmes. Gran parte do que se coñece del atribúese ao libro ''[[A General Historie of the Robberies and Murders of the Most Notorious Pyrates]]'' de [[Capitán Charles Johnson|Charles Johnson]], publicado en [[Inglaterra]] no 1724.<ref>{{Harvnb|Woodard|2007|p=325}}</ref> Autoridade recoñecida sobre os piratas na súa época, as descricións de Johnson de figuras como [[Anne Bonny]] e [[Mary Read]] consideráronse durante anos lectura imprescindible para aqueles interesados na materia.<ref name="Leepp89"/> A súa lectura espertou o interese de moitos polo tema, polo que en pouco tempo publicouse unha segunda edición, aínda que autores como Angus Konstam sospeitan que a descrición de Johnson sobre Barbanegra estaba "adornada un pouco para facer unha historia máis sensacionalista".{{efn|Entre moitos dos feitos cuestionables mencionados por Johnson está o encontro entre Teach e o [[HMS Scarborough (1711)|HMS ''Scarborough'']].<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=90}}</ref> Nin na bitácora do ''Scarborough'' nin na correspondencia do seu capitán hai mencións de tal encontro. O historiador Colin Woodard cre que Johnson confundíuconfundiu e misturou dous eventos reais: a batalla do ''Scarborough'' contra a banda de [[John Martel]] e o encontro de Barbanegra con outro navío de guerra, o [[HMS Seaford (1697)|HMS ''Seaford'']].<ref>{{Harvnb|Woodard|2007|pp=222–223}}</ref>|group=lower-alpha}} Porén, ''A General Historie'' considérase polo xeral unha fonte fiable.<ref name="Konstamp4">{{Harvnb|Konstam|2007|p=4}}</ref><ref name="Konstampp12">{{Harvnb|Konstam|2007|pp=1–2}}</ref> O nome "Johnson" podería ter sido un alias, e como os seus recontos foron corroborados en documentos persoais e oficiais da época, o autor Lee considera que fose quen fose, tiña algún tipo de acceso a correspondencia oficial.<ref name="Leepp89">{{Harvnb|Lee|1974|pp=8–9}}</ref> Konstam continúa esta especulación, suxerindo que Johnson podería ter sido o escritor inglés [[Charles Johnson]], o editor británico [[Charles Rivington]] ou o escritor [[Daniel Defoe]].<ref name="Konstampp12"/> Na súa obra de 1951 titulada ''The Great Days of Piracy'', o autor George Woodbury escribiu que Johnson era "obviamente un pseudónimo", indicando que "un non pode evitar sospeitar que puidera ter sido un pirata el mesmo".<ref>{{Harvnb|Woodbury|1951|p=198}}</ref>
 
[[Ficheiro:Blackbeard the Pirate (1952) 1.jpg|miniatura|esquerda|[[Robert Newton]] e [[Linda Darnell]] en ''[[O pirata Barbanegra]]'' (1952)]]