Abrir o menú principal

Cambios

*-íu > -iu (excepto en hiato).
O consello de Spotswood afirmaba que a presenza de Teach era unha crise e que baixo un estatuto de [[Guillerme III de Inglaterra|Guillerme III]] o gobernador tiña a capacidade de xulgar a Howard sen precisar un xurado. Os cargos facían referencia a varios actos de pirataría presuntamente levados a cabo tralo fin do período de emisión do perdón real, nunha "corveta pertencente ós súbditos do Rei de España", mais ignoraba o feito de que tiveran lugar fora da xurisdición de Spotswood's e nun navío que naquel momento era unha posesión legal. Outro cargo citaba dous ataques, un deles a captura dun navío de escravos preto de Charleston, dos que se cría que proviña un dos escravos. Howard tivo que presentarse nun xuízo perante unha corte do vicealmirantado, baixo cargos de pirataría. Brand e o seu colega, o Capitán Gordon do [[HMS Pearl (1708)|HMS ''Pearl'']] rexeitaron atendelo ao estar Holloway presente.{{efn|Os dous capitáns rexeitaron xa que Holloway estaba involucrado na acción civil.<ref name="Lee104"/>|group=lower-alpha}} Holloway non tivo outra opción que retirarse, e foi substituído polo Avogado Xeral de Virxinia John Clayton, quen Spotswood describiu como "un home máis honesto [que Holloway]".<ref name="Lee104">{{Harvnb|Lee|1974|p=104}}</ref> Howard foi declarado culpable e sentenciado á forca, pero foi salvado por unha orde procedente de Londres, que obrigaba a Spotswood a perdoar tódolos actos de pirataría levados a cabo por piratas que se tivesen entregado antes do 23 de xullo de 1718.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=104–105}}</ref><ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=205–207}}</ref>
 
Malia isto Spotswood conseguiu información de Howard sobre o paradeiro de Teach,<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=105}}</ref> e fixo plans para enviar as súas forzas cruzando a fronteira ata Carolina do Norte para capturalo.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=106}}</ref> Conseguiu o apoio de Edward Moseley e do Coronel Maurice Moore para desacreditar o gobernador de Carolina do Norte, e escribiu unha carta ós [[Comité de Comercio|Lores do Comercio]] na que suxería que a coroa sairía beneficiada coa captura de Teach. Spotswood financiou persoalmente a operación e ordenou que os Capitáns Gordon e Brand do HMS ''Pearl'' e do HMS ''Lyme'' viaxasen ata Bath. O tenente Robert Maynard do HMS ''Pearl'' recibíurecibiu o mando de dúas corvetas requisadas para que se achegasen ata a cidade dende o mar.{{refn|O HMS ''Pearl'' e o HMS ''Lyme'' tiñan demasiado calado e non podían navegar polas augas pouco profundas do esteiro de Ocracoke.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=241}}</ref>|group=lower-alpha}} Como incentivo a Asemblea de Virxinia ofreceu unha recompensa pola captura de Teach, maior que a ofrecida pola coroa.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=108–110}}</ref>
 
Maynard tomou o mando das dúas corvetas armadas o 17 de novembro, con 57 homes ao seu cargo, 33 do HMS ''Pearl'' e 24 do HMS ''Lyme''. Maynard e o destacamento do HMS ''Pearl'' tomaron o maior dos dous navíos e nomeárono ''Jane'', mentres que o resto tomou o ''Ranger'', comandado por un dos oficiais de Maynard, Mister Hyde. Partiron dende [[Kecoughtan, Virxinia|Kecoughtan]] o 17 de novembro, navegando polo [[Río James]].<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=242–244}}</ref> As dúas corvetas movíanse lentamente, para darlle tempo as tropas de Brand de chegar a Bath. Brand partiu cara a Carolina do Norte seis días despois, chegando a unha distancia duns 4–5&nbsp;km de Bath o 23 de novembro. Entre eles estaban tamén o Coronel Moore e o Capitán Jeremiah Vail, enviados para evitar calquera obxección local pola presenza de soldados foráneos na colonia. Moore entrou na cidade para procurar se Teach se atopaba alí, informando de volta que non era tal, pero que se esperaba que chegara "a cada minuto". Brand foi entón ata a casa do gobernador e informoulle do seu propósito. Ao día seguinte Brand enviou dúas canoas polo [[Río Pamlico]] ata o Esteiro de Ocracoke, na procura de sinais de Teach, que retornaron dous días despois con información sobre o seu paradeiro.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=111–112}}</ref>
15.966

edicións