Diferenzas entre revisións de «Cabo Cañaveral»

m
Máis info
m (Máis info)
*'''LC11''': complexo para lanzamento de foguetes Atlas. Xunto cos complexos 12 e 14, foi desactivado en 1967.
*'''LC13''': complexo para lanzamento de foguetes Atlas.
*'''LC10''': complexo para lanzamento de mísiles Navaho, Jason e Draco. Posto en servicio o 29 de xuño de 1956 e demolido en 1959.
*'''LC4A''': complexo para lanzamento de mísiles Bomarc. Posto en servicio en 1952. Máis tarde o o complexo acolleu un área de soporte médico para o proxecto Mercury e posteriormente, entre 1983 e 1989, un programa de aeróstatos.
*'''LC22''': sitio para lanzamento de mísiles Mace.
*'''LC43''': sitio para lanzamento de foguetes Viper, Loki, Hopi, Arcas e Rocketsonde.
*'''LC15''': complexo de lanzamento para mísiles [[Titan (foguete)|Titan]], ao igual que os LC 16, 19 e 20. Posto en servizo en 1959 e deixado de usar en marzo de 1967.
*'''LC19''': complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 16 e 20. Posto en servizo en 1959. Entre 1962 e 1963 o complexo modificouse para levar a cabo lanzamentos do [[programa Gemini]]. Foi posto fora de servizo o 10 de abril de 1967 e declarado ben nacional en abril de 1984.
*'''LC29A''': complexo de lanzamento para mísiles Polaris. Construido en 1958 e usado entre 1959 e 1967. Foi modificado para probas do programa de mísiles balísticos submarinos Chevaline a mediados de 1970. Posto fora de servizo en 1980.
*'''LC16''': complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 19 e 20. Posto en servizo en 1959. Reasignado á NASA en 1965 para probas de acendido estático do motor do módulo de servizo da nave Apollo.
*'''LC32A''': os complexos 31 e 32 foron construidos entre xullo de 1959 e xullo de 1960 para o programa de mísiles [[Minuteman]], cada un con dúas ramplas de lanzamento. Lanzáronse un total de 92 mísiles desde os dous complexos entre febreiro de 1961 e decembro de 1970.
*'''LC20''': complexo de lanzamento para mísiles Titan, ao igual que os LC 15, 16 e 19. Tamén se usou con mísiles e foguetes Super Chief, Loki, Prospector e Aries. Posto en servizo en 1959. Foi posto fora de servizo en abril de 1967. Usado de novo en 1987 para o programa Starbird. Entre 1991 e 1993 fixéronse varios lanzamentos de distintos foguetes desde este complexo.
 
== Véxase tamén ==
7.951

edicións