Nina Karlovna Bari: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m →‎Educación e mocidade: Arranxos varios
Liña 6:
Bari naceu en [[Rusia]] en 1901, filla de Olga Eduardovna Seligs e do físico Karl Adolfovich Bari. En 1918, converteuse nunha das primeiras mulleres en ser aceptada no Departamento de Física e Matemática da prestixiosa [[Universidade Estatal de Moscova]]. Graduouse en 1921, tres anos despois de ingresar na universidade e despois da súa graduación comezou a súa carreira no [[ensino]]. Foi profesora no Instituto Forestal de Moscova, no Instituto Politécnico de Moscova e no Instituto Comunista Sverdlov. Bari solicitou e recibiu a única bolsa de investigación remunerada no novo Instituto de Investigación de Matemática e Mecánica. Alí, como estudante, uniuse a un grupo de elite alcumado Luzitania, que era unha organización académica informal e social. Estudou [[función]]s e [[series trigonométricas]] baixo a tutela de [[Nikolai Luzin]] e axiña destacou nese campo, converténdose nunha das súas alumnas estrela.<ref name="asc"/>><ref name="mactutor"/> Presentou os resultados das súas investigacións na Sociedade Matemática de Moscova en 1922, sendo a primeira muller que expuxo perante dita sociedade.<ref name="ed 1999">{{cita libro|last=ed|first=Pamela Proffitt,|title=Notable women scientists|year=1999|publisher=Gale Group|location=Detroit [u.a.]|isbn=0787639001}}</ref>
 
En 1926, Bari completou a súa tese de [[doutoramento]] cunha investigación sobre as expansións trigonométricas, o que lle valeu o [[premio Glavnauk]].<ref name="asc"/><ref name="mactutor"/><ref name="mactutor"/><ref>[http://www.genealogy.ams.org/id.php?id=36443 Nina Bari]</ref><ref name="asc">[http://www.agnesscott.edu/lriddle/women/bari.htm Biografía de Nina Karlovna Bari]</ref><ref name="mactutor"/> En 1927, viaxou a París coa fin de estudar na [[Sorbona]] e no [[Collège de France]]. Posteriormente Bari asistiu ao Congreso Matemático polaco en [[Lviv|Lwów]], onde obtivo financiamento para sufragar o seu regreso a París e a continuación dos seus estudos. A decisión de viaxar a París puido que se vise influída pola desintegración do grupo Luzitania. A irascible personalidade de Luzin dificultou as relacións no grupo de matemáticos que o compuñan. En 1930, todas as pegadas do movemento Luzitania desapareceran e Luzin deixara a Universidade Estatal de Moscova polo [[Instituto Steklov de Matemáticas]] da Academia da Ciencia. En 1932, Bari converteuse en profesora na [[Universidade Estatal de Moscú]] e en 1935 concedéuselle o título de doutora en Ciencias Físicas e Matemáticas, un título de investigación máis prestixioso que o tradicional de doutor.<ref name="mactutor"/> Naquel momento, Bari xa completara o seu traballo fundacional sobre series trigonométricas.<ref name="asc"/><ref name="mactutor"/>
 
=== Carreira e vida posterior ===