Samacá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 11:
Samacá, situado no terceiro ramal da Cordilleira Oriental dos Andes colombianos, estaba asentado, na [[Historia precolombiana de Colombia|época precolombiana]], a beiras dunha gran lagoa coñecida como Lagoa de Cansicá, que chegaba até o actual municipio de [[Cucaita]], en cuxas beiras se estabeleceron varias comunidades indíxenas ó parecer chamados Patagüy, Foacá, Sáchica, etc. Aínda que a maior parte da [[Confederación muisca|Confederación Muisca]] estaba baixo dominio do [[Zaque]] de [[Hunza, Colombia|Hunza]] e do [[Zipa]] de [[Bacatá]], na zona da lagoa conformáronse cacicazgos independentes que non lle rendía tribuno a ningún dos dous anteriores, presuntamente ao mando do cacique [[Sáchica|Sáchica.]] Ante o non pago de tributos, o Zaque de Hunza deulle a orde ó cacique Boyacá para que expulsase a tales grupos; Boyacá entón chamou ós seus lugartenentes e conformou unha avanzada que puxo ó mando de Samacá, Cucaita, Sora e Tibaquirá, os cales tamén eran guerreiros, quen procederon a expulsar a Sáchica, quen coa súa comunidade se repleou ao lugar onde na actualidade está o poboado.
 
Unha vez expulsados e como os mencionados guerreiros viñan da zona do que hoxe é Boyacá, procederon a repartir o novo territorio que antes ocupaba Sáchica polas ladeiras da lagoa, correspondéndolles precisamente as áreas onde hoxe están os municipios de Samacá, Cucaita e Sora; pola súa banda, o cacique Boyacá decidiu tomar a zona do que hoxe é Boyacá, e Tibaquirá quedou cunha zona alta situada no que hoxe é o concello de Samacá, en veredaverea que se denomina precisamente como Tibaquirá. Esta confrontación tivo lugar aproximadamente quince anos antes da chegada dos españois, que pasaron por ese sector contra o ano de [[1537]] con destino a Bacatá, ó mando da expedición de [[Gonzalo Jiménez de Quesada]], onde posteriormente o irmán de Jiménez de Quesada decidiu tomar ditas terras.
 
== Referencias ==