Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Descendencia: Arranxos varios
Moedagalega (conversa | contribucións)
* reparto > repartición.
Liña 67:
Cumprida a maioría de idade aos dezanove anos, Afonso utiliza oficialmente o título de herdeiro e comeza a exercer actividades de goberno no [[Reino de León]]. Pouco despois, enfrontou diversas operacións militares. En [[1243]], debido á enfermidade que sufría seu pai, o infante fíxose cargo da campaña de conquista do [[Reino de Murcia|Taifa de Murcia]] (1243-1245), coa axuda de certos caudillos musulmáns do territorio. No transcurso destas operacións asinou o [[tratado de Almizra]] (26 de marzo de 1244) con [[Xaime I de Aragón]], seu futuro sogro, establecendo as fronteiras entre ambos os reinos.
 
En [[1246]]-[[1247]] participou na [[guerra civil]] [[Portugal|portuguesa]], apoiando a [[Sancho II de Portugal]] fronte ao seu rival [[Afonso III de Portugal|Afonso de Boloña]]. En [[1247]]-[[1248]] participou en primeira liña na conquista de [[Sevilla]]. A causa da quebrantada saúde do seu pai, Afonso ocupouse doda repartorepartición entre os membros da hoste dos novos territorios adquiridos, así como de distintos labores de goberno.
 
En [[1248]] comezou a conquista do Reino Taifa de Murcia que lle correspondía en virtude do tratado de Almizra, polo que as cidades de [[Villena]], [[Alacant]], [[Elx]], [[Orihuela]], [[Murcia]], [[Lorca]] e [[Cartaxena]] foron incorporadas á [[Coroa de Castela]]. Ao pouco, serían entregadas as vilas e fortalezas do [[Vinalopó]], a modo de ''apanage'', ao seu irmán, o infante [[Manuel de Castela]], sendo creado o [[Señorío de Villena]].