Elvis Presley: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
completo intro a partir de en:elvis presley Etiqueta: edición de código 2017 |
m arranxiño Etiqueta: edición de código 2017 |
||
Liña 23:
'''Elvis Aaron Presley''', máis coñecido polo nome de '''Elvis Presley''', e como '''o Rei do Rock and Roll''', ou simplemente '''o Rei''', nado en [[Tupelo, Mississippi|Tupelo]], [[Mississippi]], o [[8 de xaneiro]] de [[1935]] e finado en [[Memphis]], [[Tennessee]], o [[16 de agosto]] de [[1977]], foi un cantante e actor [[EUA|norteamericano]]. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do [[século XX]].
En novembro de [[1956]], estreouse no cine na película ''Love Me Tender''. Alistado no servizo militar en [[1958]], relanzou a súa carreira dous anos máis tarde con algúns dos seus maiores éxitos comerciais. Porén, fixo poucos concertos en vivo e, guiado por Parker, dedicou gran parte da década de 1960 a facer películas en [[Hollywood]] e álbums de [[Banda sonora orixinal|bandas sonoras]], moitas delas amplamente criticadas. En [[1968]], logo de sete anos sen concertos en vivo, reapareceu no escenario no aclamado programa especial televisivo ''Elvis'', que levouno a dar un amplo número de concertos en [[Las Vegas, Nevada|Las Vegas]] e a unha serie de xiras moi rendibles. En [[1973]], Presley foi o protagonista do primeiro concerto dun artista solista que foi emitido via satélite para todo o planeta, ''Aloha from Hawaii''. Anos de abuso de medicamentos receitados comprometeron seriamente a súa saúde, morrendo repentinamente en [[1977]] na súa mansión de [[Graceland]] cando tiña 42 anos.
|