Elvis Presley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Bibliografía: engado libros en castelán
Etiqueta: edición de código 2017
completo intro a partir de en:elvis presley
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 21:
| sinatura_tamaño = 200px
}}
'''Elvis Aaron Presley''', máis coñecido polo nome de '''Elvis Presley''', e como '''o reiRei do rockRock and Roll''', ou simplemente '''o Rei''', nado en [[Tupelo, Mississippi|Tupelo]], [[Mississippi]], o [[8 de xaneiro]] de [[1935]] e finado en [[Memphis]], [[Tennessee]], o [[16 de agosto]] de [[1977]], foi un cantante e actor [[EUA|norteamericano]]. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do [[século XX]].
 
Aínda que naceu en Tupelo, Mississippi, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee, cando tiña 13 anos. A súa carreira musical comezou en [[1954]] cando gravou para [[Sun Records]] co produtor [[Sam Phillips]], quen quería levar o son da [[música afroamericana]] a unha audiencia máis numerosa. Acompañado polo guitarrista [[Scotty Moore]] e o baixista [[Bill Black]], Presley foi un pioneiro do [[rockabilly]], un estilo de tempo rápido impulsado por un constante ritmo que consiste nunha fusión de [[música country]] e [[rhythm and blues]]. En [[1955]], o batería [[D. J. Fontana]] uníuse ao grupo para completar a formación clásica do cuarteto de Presley, e [[RCA Victor]] adquiriu o seu contrato nun acordo disposto polo [[coronel Tom Parker]], quen sería o seu representante durante máis de dúas décadas. O primeiro disco [[sinxelo]] de Presley foi ''Heartbreak Hotel'', lanzado en xaneiro de [[1956]] e que chegou a ser número un nos Estados Unidos. Cunha serie de aparicións exitosas nas cadeas televisivas e gravacións que chegaron ao máis alto das listas, converteuse na figura líder do novo son popular do [[rock and roll]]. As súas enérxicas interpretacións das cancións e o seu estilo sexualmente provocativo no escenario, combinado cunha singularmente potente mestura de influencias da música negra nunha época de loita polos dereitos civís da poboación afroamericana, fixérono enormente popular e controvertido.
Presley comezou como cantante de [[rockabilly]], cun repertorio en parte tomado do [[rhythm and blues]] e do [[country]] transformado en [[rock & roll]]. Presley converteuse no cantante de máis éxito comercial do rock and roll, aínda que tamén cantou [[blues]], [[balada]]s, [[country]] e [[gospel]]. Pasou a ser unha icona da [[cultura pop]] americana, coa súa forma de interpretar o rock e creou escola, imitando o ritmo dos negros e dando énfase ó aspecto máis sexual do rock, movendo de xeito sensual os cadrís. Cando morreu vendera 200 000 000 de discos e conseguira 129 [[disco de ouro|discos de ouro]]. Interpretou 31 filmes, relacionados case todos eles co mundo da canción. É o solista que máis discos ten vendidos da historia da música.
 
En novembro de [[1956]], estreouse no cine na película ''Love Me Tender''. Alistado no servizo militar en [[1958]], relanzou a súa carreira dous anos máis tarde con algúns dos seus maiores éxitos comerciais. Porén, fixo poucos concertos en vivo e, guiado por Parker, dedicou gran parte da década de 1960 a facer películas en [[Hollywood]] e álbums de [[Banda sonora orixinal|bandas sonoras]], moitas delas amplamente criticadas. En [[1968]], logo de sete anos sen concertos en vivo, reapareceu no escenario no aclamado programa especial televisivo ''Elvis'', que levouno a dar un amplo número de concertos en [[Las Vegas, Nevada|Las Vegas]] e a unha serie de xiras moi rendibles. En [[1973]], Presley foi o protagonista do primeiro concerto dun artista solista que foi emitido via satélite para todo o planeta, ''Aloha from Hawaii''. Anos de abuso de medicamentos receitados comprometeron seriamente a súa saúde, morrendo repentinamente en [[1977]] na súa mansión de [[Graceland]] cando tiña 42 anos.
 
Presley é un dos máis célebres e influentes músicos do século XX. Logrou o éxito comercial en moitos [[Xénero musical|xéneros]], incluíndo [[Música pop|pop]], country, [[blues]] e [[gospel]]. É o cantante solista con máis vendas en toda a historia da música gravada. Ganou tres [[premios Grammy]] e recibiu outro pola súa [[Grammy á carreira artística|carreira artística]] cando tiña 36 anos, e está en múltiples salóns da fama musical. Cando morreu vendera 200 000 000 de discos e conseguira 129 [[disco de ouro|discos de ouro]]. Interpretou 31 filmes, relacionados case todos eles co mundo da canción.
 
== Traxectoria ==