Tiburóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
remato as correccióóns e saco a marca "ortografía"
Lameiro (conversa | contribucións)
un detalle
Liña 115:
Un dos grandes enigmas era o seu tipo de reprodución, que se ignoraba totalmente. O dilema resolveuse hai pouco tempo cando un grupo de científicos en [[Taiwán]], liderados pola Dra. Eugenie Clark, puideron observar a unha femia de 12 m de lonxitude que fora arponeada por un pescador local. A sorpresa resultou maiúscula cando, en dous úteros xemelgos, acháronse 300 embrións de entre 40 e 63 cm de longo. Quince deles aínda estaban vivos no momento do exame.
 
As especies ovíparas (sobre todo os melgachos, os tiburóns alfombra e os tiburóns de Port Jackson) depositan os ovos sobre o fondo, onde os embrións se desenvolven nutríndose do [[vitelo (ovo)|vitelo]] contido no ovo. Nun principio, a bóla vitelina do extremo do cordón serve para alimentar por si mesma ao embrión mentres se desenvolven as expansións de contacto. Unha vez formadas, as expansións de contacto únense ás do útero e empezan a absorber material nutriente da nai; nese momento a bóla aínda contén algo de xema e por tanto a placenta ten dupla función: achegar alimento vía sanguínea e por [[osmose]].
 
O [[cordón umbilical]] está constituído por tres vasos: arteria e vea umbilical ou vitelina, e entre ambas o canal vitelino. O cordón pode ser de dúas formas: liso, como en ''[[Carcharhinus]]'' e ''[[Mustelus]]'', ou festonado, como en ''Sphyrna'', ''Scoliodon'' e ''Paragaleus''.