Natureza morta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Século XIX: Arranxos varios, replaced: antinaturais → contranaturais using AWB
Liña 63:
Cando o [[neoclasicismo]] comezou a declinar nos [[1930|anos 1930]] a [[escena de xénero]] e o [[retrato pictórico]] convertéronse no foco para as revolucións artísticas romántica e realista. Moitos dos grandes artistas da época incluíron o bodegón nas súas obras. Os bodegóns de [[Francisco de Goya]], [[Gustave Courbet]] e [[Eugène Delacroix]] supoñen unha forte corrente emocional e están menos preocupados coa exactitude e máis interesados no estado de ánimo.<ref>Ebert-Schifferer, p. 287</ref> Malia seguir o modelo dos bodegóns de [[Jean Siméon Chardin|Chardin]], os bodegóns de [[Édouard Manet]] son fortemente tonais e claramente apuntaban ao impresionismo. [[Henri Fantin-Latour]], empregando unha técnica máis tradicional, foi famoso polas súas pinturas de flores exquisitas e gañouse o diñeiro case exclusivamente con naturezas mortas para coleccionistas.<ref>Ebert-Schifferer, p. 299</ref>
 
Con todo, non foi ata o declive final da xerarquía académica en Europa e o auxe dos pintores [[impresionismo|impresionistas]] e [[Postimpresionismo|postimpresionistas]], que a técnica e harmonía da cor triunfaron sobre o tema, e o bodegón de novo era practicado con avidez polos artistas. Nos seus primeiros bodegóns, [[Claude Monet]] amosa a influencia de Fantin-Latour, pero é un dos primeiros que rompeu coa tradición do fondo escuro, que [[Pierre-Auguste Renoir]] tamén descarta no seu ''Bodegón con ramo e abanico'' (1871), co seu brillante fondo laranxa. Co bodegón impresionista, o contido alegórico e mitolóxico está completamente ausente, o mesmo que a pincelada meticulosamente detallada. Os impresionistas, en lugar diso, centráronse na experimentación en toques de pincel, valores tonais e aplicación da cor. Os impresionistas e postimpresionistas inspiráronse nos esquemas de cor da natureza pero a reinterpretaron coas súas propias harmonías de cor, que ás veces resultaban antinaturaiscontranaturais. Como afirmou Gauguin, «As cores teñen os seus propios significados».<ref>Ebert-Schifferer, p. 318</ref> Tamén se intentan variacións na perspectiva, como usar ángulos altos, como pode verse en ''Froita mostrada nun percheiro'' por [[Gustave Caillebotte]], «unha pintura da que se burlaron na época como unha mostra de froita nunha vista de paxaro».<ref>Ebert-Schifferer, p. 310</ref>
 
As pinturas de ''Xirasoles'' de [[Vincent van Gogh]] son algunhas das naturezas mortas do [[século XIX]] máis coñecidas. Van Gogh empregou principalmente tons de amarelo e unha representación bastante chá para facer unha memorable contribución á historia do bodegón. O seu ''Bodegón con táboa de debuxo'' (1889) é un autorretrato en forma de bodegón, con van Gogh representando moitos obxectos da súa vida persoal, incluíndo a súa pipa, comida sinxela (cebolas), un libro edificante e unha carta do seu irmán, sen a súa propia imaxe presente. Tamén pintou a súa propia versión dunha ''vanitas'': ''Bodegón con Biblia aberta, candea e libro'' (1885).