Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Leipzig (1723-1750): Arranxos varios, replaced: antinatural → contranatural using AWB
Liña 140:
Nesta época, a súa familia, integrada por varios fillos músicos, xa podía organizar concertos domésticos propios, do que Bach sentía un grande orgullo. Con todo, o seu fillo [[Johann Gottfried Bernhard Bach|Johann Gottfried Bernhard]] desencamiñouse, dando serios motivos de preocupación a seu pai, que o viu falecer precozmente en 1739.<ref name="Geiringer, p. 96-102">{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=96-102}}</ref> Outro problema foi unha crítica ao seu estilo publicada por [[Johann Adolf Scheibe]] en 1737, que parece ter sido sentida polo compositor como un serio golpe. Iso desencadeou nunha polémica pública que se prolongou durante dous anos. Máis dunha vez nestes tempos difíciles Bach recibiu axuda do seu parente [[Johann Elias Bach]], pasando a hospedalo a partir de 1737, que ensinou música e relixión aos seus fillos menores, e foi un devoto secretario particular do compositor.<ref name="Grove"/>
 
Durante os anos que permaneceu en Leipzig, Bach converteuse no centro dun círculo crecente de estudantes, dos cales algúns como [[Lorenz Christoph Mizler|Mizler]], [[Johann Kirnberger]] ou [[Johann Friedrich Agricola]] acadaron relevancia histórica. Esta circunstancia levou ao compositor a unha especie de reflexión histórica que influíu na súa derradeira etapa creativa e que comezou en torno a [[1735]]. Con todo, en [[1737]] foi criticado polo seu antigo alumno [[Johann Adolph Scheibe]], quen o acusou de estar pasado de moda, ser antinaturalcontranatural e ter un estilo de composición excesivamente aprendido, acusacións das que Bach foi defendido por Johann Abraham Birnbaum, da [[Universidade de Leipzig]].<ref name="leipzig2"/>
 
==== Anos finais ====