Antigo Réxime: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Extensión: poño cita libro
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎O caso español: Arranxos varios, replaced: antinatural → contranatural using AWB
Liña 44:
O papel dos [[Reis Católicos]] foi decisivo. Os [[Habsburgo]] e os [[Borbón]]s van prolongando con variacións un sistema político entre a [[monarquía autoritaria]] e a [[monarquía absoluta]], que se sustenta nun sistema económico e social ancorado no predominio dos [[Privilexio|estamentos privilexiados]] ([[nobreza]] e [[clero]]) e unhas cidades parasitarias da [[renda feudal]] e do [[Imperio]] ultramarino que non albergaban unha [[burguesía]] similar á francesa.
 
O éxito é indubidable, e avantaxou ao da monarquía francesa durante o século XVI: conséguese un conxunto territorial sen parangón (Filipe II puido dicir "nos meus dominios non se pon o sol") que, aínda que pouco cohesionado, pode ser eficazmente gobernado desde un centro localizable en [[Coroa de Castela|Castela]] tras a [[Guerra das Comunidades de Castela|Guerra das Comunidades]] (1521) e a elección de Madrid como [[Capital (política)|capital política]] (1561); de Castela drénanse unha fabulosa cantidade de recursos impositivos ([[alcabala]]s, [[regalía]]s, [[servizo]]s dunhas [[Cortes (Antigo Réximen)|Cortes]] comprensivas, [[Quinto real]] das remesas metálicas americanas) que se gastan na política europea que identifica os intereses da [[Monarquía Católica]] cos da causa do [[catolicismo]]. O éxito queda confirmado pola propia [[Lenda negra]], explicada tanto pola realidade do cruel dominio sobre América (da que os propios colonizadores foron conscientes: [[Xunta de Valladolid|polémica dos naturais]]), a [[represión]] da disidencia (á que se forzaba á [[asimilación]], a [[expulsión]] ou a [[fogueira]]: [[Cristián novo|conversos]], [[mourisco]]s; ou as máis minoritarias condutas consideradas ''[[antinatural]]es''"contranaturais", a [[bruxaría]] e os mínimos focos de [[protestante]]s) e a impotencia dos seus inimigos, resignados a combater con propaganda antiespañola á potencia hexemónica (o paralelismo co [[antiamericanismo]] do século XX é claro). O control interior queda garantido por unha crecente [[burocracia]] ([[réxime polisinodial]] dos [[Consellos en España|Consellos]]) que se implanta territorialmente a través dos [[vicerrei]]s, (nos reinos) e os [[corrixidor]]es (nas cidades). O control dos estamentos privilexiados lógrase pola submisión do clero ([[padroado rexio]], reformas de [[Francisco Jiménez de Cisneros|Cisneros]]) e a nobreza, afeita a pór e quitar reis nas [[guerras civís castelás]] da [[Crise da Idade Media en España|Baixa Idade Media]], das que a Guerra das Comunidades son o último episodio;<ref>[[José Antonio Maravall]] e [[Joseph Pérez]] teñen estudos clásicos do tema.</ref> o rei convértese en [[Gran Maestre]] das [[Orde militar|Ordes Militares]] (desde [[Fernando o Católico]]), implica á aristocracia na súa política de nomeamentos (institución da [[grandeza de España]] con Carlos V), e deixa claro que a cambio de exercer sen inxerencias o poder político garántelles o poder social e económico (institución do [[morgado]], [[leis de Toro]]). Os esmoucamentos de torreóns (que sofre ata [[Gonzalo Fernández de Córdoba]], o ''Gran Capitán'' ao que se lle pediron as famosas [[Contas do Gran Capitán|contas]] da súa xestión en Italia) son unha clara mensaxe simbólica. Os postos burocráticos son un bo banderín de enganche para a baixa nobreza e a burguesía. A falta dunha policía digna de tal nome (a Santa Irmandade non pasou de ser un corpo militar) dispúñase da rede informativa e represiva da [[Inquisición]] (de cuxa submisión ao poder real é proba a súa utilización nalgún destacado caso, como o de [[Antonio Pérez (secretario real)|Antonio Pérez]]).
 
[[Ficheiro:Madrid May 2014-33.jpg|miniatura|250px|[[Monumento a Filipe IV (Madrid)|Escultura ecuestre en bronce de Filipe IV]], deseñada por [[Velázquez]] e esculpida por [[Pietro Tacca]] con asesoramento científico de [[Galileo]]. O sábado 9 de abril de 1677 alguén colocou un pasquín na [[Casa da Panadería]] da [[Praza Maior de Madrid]] que dicía ''A que veu o señor don Juan?: A baixar o cabalo e subir o pan'', referíndose ao valido [[Juan José de Austria]], que (ademais do do pan) fixera trasladar a estatua desde a fachada de [[Palacio Real de Madrid|Palacio]] ata o [[Bo Retiro]]. Hoxe a estatua pode verse na [[Praza de Oriente]] de Madrid.]]