Tiburóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
sigo
Lameiro (conversa | contribucións)
sigo
Liña 116:
Un dos grandes enigmas era o seu tipo de reprodución, que se ignoraba totalmente. O dilema resolveuse hai pouco tempo cando un grupo de científicos en [[Taiwán]], liderados pola Dra. Eugenie Clark, puideron observar a unha femia de 12 m de lonxitude que fora arponeada por un pescador local. A sorpresa resultou maiúscula cando, en dous úteros xemelgos, acháronse 300 embrións de entre 40 e 63 cm de longo. Quince deles aínda estaban vivos no momento do exame.
 
As especies ovíparas (sobre todo os melgachos, os tiburóns alfombra e os tiburóns de Port Jackson) depositan os ovos sobre o fondo, onde os embrións se desenvolven nutríndose do [[vitelo]] contido no ovo. Nun principio, a bóla vitelina do extremo do cordón serve para alimentar por si mesma ao embrión mentres se desenvolven as expansións de contacto. Unha vez formadas, as expansións de contacto únense ás do útero e empezan a absorber material nutriente da nai; nese momento a bóla aínda contén algo de xema e por tanto a placenta ten dupla función: achegar alimento vía sanguínea e por [[osmose]].
 
O [[cordón umbilical]] está constituído por tres vasos: arterialarteria e vea umbilical ou vitelina, e entre ambas o canal vitelino. O cordón pode ser de dúas formas: liso, como en ''[[Carcharhinus]]'' e ''[[Mustelus]]'', ou festonado, como en ''Sphyrna'', ''Scoliodon'' e ''Paragaleus''.
 
O paso das substancias alimenticias da nai ao embrión pode producirse de dúas maneiras. A primeira dasedáse en tiburóns con cordón liso e denomínase [[hemotrófica]], pois as substancias alimenticias pasan disolvidas no plasma sanguíneo a través da placenta. A segunda, propia dos individuos con cordón festonado, chámase [[embriotrófica]] ou [[histotrófica]]; neste caso, o alimento pasa a través do canal alimenticio.
 
Os embriónesembrións están inmersos en líquido intrauterino, rico en substancias nutritivas, auga e sales, chamado ''leite vitelino''; estas substancias son absorbidas directamente polo embrión, a través da boca e dos [[espiráculo]]s (se os hai), e polas expansións festonadas do cordón, no caso dos histotróficos.
 
==== ''Placentarios'' ====
Liña 130:
[[Ficheiro:PortJacksonShark'sEgg20050417c.JPG|miniatura|Ovo de tiburón. A forma helicoidal exterior axuda a que a nai poida fixalo ás rochas.]]
 
Moitos tiburóns teñen a cápsula do ovo cos bordos en espiral que serven para encaixalos nas fendas das rochas. Xeralmente os ovos póñense de dous en dous e, no caso do melgacho até un total de 20 a 25 cada ano. O período de [[incubación]] acostuma a durar varios meses. En canto aos tiburóns vivíparos, hai que distinguir entre nos que o embrión se nutre exclusivamente das súas propias reservas de vitelo (ovovivíparos), como a melga, e aqueles outros que reciben o alimento directamente da nai (vivíparos verdadeiros). No caso da melga reúnense varios ovos fecundados no útero mediante unha fina membrana que os envolve a todos. Ao cabo duns seis meses a membrana rompe e cada embrión se desenvolvedesenvólvese no ovo a costa do [[saco vitelino]] ao que está unido; no momento do nacemento este saco se reabsorbeureabsorbe completamente; entón a nai expulsa unhas dez crías de 25 cm despois de 22 meses de xestación.
 
Cómpre resaltar que cando un embrión morre, incluso habendo alcanzado un alto grao de desenvolvemento, non provoca o aborto da camada, senón que, que por algún mecanismo descoñecido até hoxe, impídese a putrefacción, até a súa posterior expulsión, xunto co resto dos embrións vivos, xa desenvolvidos.