Tiburóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Lameiro (conversa | contribucións)
vou corrixindo
Liña 32:
Os tiburóns inclúen dende [[especie]]s pequenas das profundidades mariñas, até o [[tiburón balea]], o maior dos peixes, que pode chegar a 18 m de lonxitude e se alimenta soamente de [[plancto]]. O [[tiburón touro]] pódese desprazar a ríos e lagos de auga doce e algúns [[Ataque de tiburón|ataques a humanos]] aconteceron en ríos. Algunhas das especies maiores, en especial o [[marraxo azul]] e o [[tiburón branco]], son [[endotermos]] parciais, capaces de manteren a súa temperatura corporal por riba da do medio acuático no que viven.
 
Das máis de 375 especies de tiburóns encontradas nos océanos do mundo, só unhas 30 atacaron algunha vez a seres humanos. As especies responsábeis da maioría destes [[Ataque de tiburón|ataques non provocados a humanos]] son o [[tiburón branco]], o [[tiburón tigre]] e o ''Carcharhinus leucas''.
 
== Anatomía ==
Liña 38:
Os tiburóns son [[condrictios]] (peixes cartilaxinosos), é dicir, o seu esqueleto está formado por [[cartilaxe]]s en vez de por [[óso]]s.
 
A pel é rugosa e está cuberta por unha especie de escamas coñecidas como ''dentículos dérmicos'', [[escama]]s óseas de orixe [[derme|dérmica]] e [[epiderme|epidérmica]], moi diferentes das verdadeiras escamas dos [[osteíctios|peixes óseos]], que a protexen contra os parasitos; outra das funcións desta pel tan específica é a de actuar como un silenciador, xa que a auga se distribúe cara a dentro das súas fendeduras e non cara a fóra, limitando a [[fricción]] contra a [[auga]], mellorando a mobilidade e a velocidade da natación e, ademais, facendo que o desprazamento do peixe sexa moito máis silencioso.
 
Os tiburóns caracterízanse pola súa silueta fusiforme, [[hidrodinámica]], e polas súas típicas [[aleta]]s pectorais e dorsais, así como pola [[aleta|aleta caudal]] [[aleta|heterocerca]] (asimétrica). A diferenza dos peixes óseos, que teñen as galadas protexidas por [[opérculo (peixes)|opérculos]], presentan, segundo as especies, de cinco a sete pares de branquias a ambos os lados da cabeza, que se abreabren ao exterior por senllas fendeduras branquiais.<ref>A. Ferrari & A. Ferrari (2009), pp. 12-16.</ref>
 
O seu fígado, bilobulado, pode representar até o 30 % do peso corporal,<ref name=Compagno>Compagno ''et al.'' (2005).</ref> e está constituído por un 90 % de [[escualeno]], e lle. serveServe principalmente para compensar a ausencia de [[vexiga natatoria]] e tamén como reserva enerxética.
 
<center>[[Ficheiro:Partes dun tiburón.svg|thumb|800px|'''Principais características anatómicas externas dos tiburóns. Debuxo dun tiburón etiquetando as súas principais características anatómicas:'''<br />A boca, o fociño, as ventas do nariz, o ollo, o espiráculo, a espiña da aleta dorsal, a quilla caudal, o pterigopodio (''clasper''), o suco labial, as galas ou fendas branquiais, as aletas precaudais (segunda dorsal, anal) aleta peitoral, aleta pelviana e aleta caudal.</small>]]</center>
Liña 54:
=== Mandíbulas ===
 
A mandíbula dos tiburóns, como a das [[Raiformes|raias]], non está articulada co cranio. A superficie da mandíbula e os arcos branquiais dos tiburóns, en comparación cos doutros vertebrados, necesitan dun apoio extra debido á súa alta exposición ao estrés físico e á súa necesidade de forza.
 
Os tiburóns teñen unha capa de pequenas placas hexagonais chamadas ''"teselas"'', que son bloques de cristais de sales de [[calcio]] dispostas como un mosaico. Isto lle dá a estas zonas gran parte da forza seque ten o [[tecido óseo]] noutros animais.<ref name="Ferrari 2009 pp. 42-47">Ferrari & Ferrari (2009), pp. 42-47.</ref>
 
En xeral, os tiburóns tenen soamente unha capa de teselas, pero as mandíbulas de especies moi grandes, como o [[tiburón branco]] e outras de tallestamaños similares, teñen dúas ou tres capas, ou aínda máis, dependendo do tamaño do corpo. Por exemplo, as fauces dun gran tiburón branco poden ter un gran espazo para albergar até cinco capas.
 
No rostro, a cartilaxe pode ser esponxosa e flexíbel para absorber a enerxía dos impactos.